James Whyte Black
Aparencia
Sir James Whyte Black, nado en Uddingston, Escocia o 14 de xullo de 1924 e finado o 22 de marzo de 2010[1] foi un farmacólogo británico, inventor do propranolol e a cimetidina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Conseguiu o Premio Nobel de Medicina en 1988, xunto cos investigadores estadounidenses Gertrude Elion e George Herbert Hitchings.
Contribuíu ao coñecemento científico e clínico básico en cardioloxía, como médico e como científico. A súa invención do propranolol, que revolucionou o tratamento médico da anxina de peito está considerada como unha das máis importantes contribucións á medicina e á farmacoloxía clínicas do século XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Morre o científico James W. Black, Premio Nobel de Medicina". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2011. Consultado o 14 de decembro de 2012.
