Emil Adolf von Behring

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emil Adolf von Behring
Datos persoais
Nacemento15 de marzo de 1854
LugarHansdorf, Prusia, Imperio Alemán
Falecemento31 de marzo de 1917
LugarMarburg, Imperio Alemán
Causapneumonía
NacionalidadeImperio Alemán e Reino de Prusia
CónxuxeElse von Behring
Actividade
Campo
  • medicina
  • Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín
    Director de teseRobert Koch e Shibasaburo Kitasato
    Contribucións e premios
    PremiosPremio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1901
    editar datos en Wikidata ]

    Emil Adolf von Behring, nado o 15 de marzo de 1854 e finado o 31 de marzo de 1917, foi un médico alemán que recibiu o Premio Nobel de Medicina.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Emil Adolf von Behring

    Adolf Emil Behring naceu en Hansdorf no distrito de Rosenberg en Prusia. Estudou medicina entre 1874 e 1878 no Medicinisch-chirurgisches Friedrich-Wilhelm-Institut de Berlín, servindo como médico militar boa parte da súa vida e despois como profesor de hixiene na Facultade de Medicina da Universidade de Marburgo.

    Behring foi o descubridor en 1890 da antitoxina do tétanos, investigando con cobaias ó inxectar o soro sanguineo dun animal afectado polo tétanos a outro xérase imunidade á enfermidade no segundo e pódese comprobar que os animais inmunizados contra o tétanos presentaban esa cualidade porque tian que dispor dalgunha substancia capaz de controlar a infección. Recibiu en 1901 o primeiro Premio Nobel de Medicina polo desenvolvemento do soro contra a difteria (en colaboración con Emile Roux) e o tétanos, a primeira fora unha importante causa de mortalidade da poboación, en especial nos nenos, e a segunda fora a primeira causa de defunción nas guerras, matando os feridos. No Congreso Internacional da Tuberculose en 1905 anunciou que descubrira unha substancia procedente do virus da tuberculose, esta substancia, que el denominou "T C", unha antitoxina, foi primordial para a vacina que el mesmo preparou para inmunizar o gando contra a tuberculose bovina.

    Publicacións[editar | editar a fonte]

    • Die Blutserumtherapie (1892)
    • Die Geschichte der Diphtherie (1893)
    • Bekämpfung der Infektionskrankheiten (1894)
    • Beiträge zur experimentellen Therapie (1906)

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]