Tu Youyou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tu Youyou
Tu Youyou en 2015
Datos persoais
Nacemento30 de decembro de 1930 (92 anos)
LugarNingbó, Zhejiang,
NacionalidadeRepública Popular da China e República da China
EtniaPobo han
Actividade
CampoMedicina clínica, química medicinal
Alma máterUniversidade de Pekín
Contribucións e premios
PremiosPremio Albert Lasker por Investigación Médica Clínica en 2011, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 2015
editar datos en Wikidata ]

Tu Youyou (屠呦呦 (en chinés: pinyin: Tú Yōuyōu), nada en Ningbo, República da China o 30 de decembro de 1930, é unha científica, médica e química farmacéutica chinesa, coñecida por descubrir a artemisinina e a dihidroartemisinina, empregadas para tratar a malaria e coas cales se salvaron millóns de vidas. O punto de partida da súa investigación estivo baseado na exploración de textos sobre medicina chinesa tradicional,[1] atopando que o afirmado sobre a cura da malaria en case todos eles non era correcto, excepto nun só deles.

O descubrimento da artemisinina e o seu tratamento da malaria está considerado como o descubrimento máis significativo da medicina tropical no século XX para a mellora da saúde das persoas dos países en desenvolvemento tropicais en Asia do sur, África, e América do Sur. Polo seu traballo, Tu recibiu en 2011 o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Clínica, e en 2015 o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[2] Tu recibiu a metade do premio Nobel por descubrir a eficacia da molécula antimalárica da planta Artemisia annua; a outra metade foi compartida por Satoshi Ōmura e William Campbell por descubrir un novo composto, a avermectina, capaz de curar infeccións como a oncocercose e a filariase linfática causadas por pequenos parasitos.[3][4] Tu recibiu o primeiro Nobel de medicina para un cidadán chinés, ademais de ser a primeira muller desa nacionalidade en recibir un premio Nobel en calquera categoría.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hunt, Katie; Shen, Lu (6 de outubro de 2015). "Ganadora del Premio Nobel de medicina exploró textos antiguos para encontrar la cura de la malaria". CNN. Consultado o 6 de outubro de 2015. 
  2. "Artemisinin: Discovery from the Chinese Herbal Garden" (6). PMC 3414217. PMID 21907397. doi:10.1016/j.cell.2011.08.024. 
  3. Ediciones El Páis (5 de outubro de 2015). "El Nobel de Medicina premia terapias contra la malaria y otros parásitos". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2015. 
  4. "Premio Nobel de Fisiología o Medicina 2015: nuevos fármacos frente a enfermedades desatendidas". www.sebbm.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  5. Miller, Louis H.; Su, Xinzhuan (2011). "Artemisinin: Discovery from the Chinese herbal garden". Cell 146 (6): 855–858. PMC 3414217. PMID 21907397. doi:10.1016/j.cell.2011.08.024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • De Marchi, Vichi (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]