Elizabeth Blackburn
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Blackburn (homónimos).
Elizabeth Helen Blackburn, nada en Hobart (Tasmania) o 26 de novembro de 1948, é unha bioquímica australiana, descubridora da telomerase, un encima que forma os telómeros durante a duplicación do ADN.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla dun matrimonio de médicos. Estudou Bioquímica na Universidade de Melbourne e doutorouse en Bioloxía Molecular en 1975 pola Universidade de Cambridge. Alí coñeceu a John Sedat, tamén biólogo molecular, con quen casaría.
En 2009 recibiu xunto con Jack Szostak e Carol Greider o premio Nobel de Medicina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elizabeth Blackburn |