Walter Rudolf Hess
Walter Rudolf Hess | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Walter Rudolf Hess |
Nacemento | 17 de marzo de 1881 |
Lugar de nacemento | Frauenfeld, cantón de Turgovia (Suíza) |
Falecemento | 12 de agosto de 1973 |
Lugar de falecemento | Locarno, cantón de Tesino (Suíza) |
Soterrado | Berlín |
Nacionalidade | suíza |
Alma máter | Universidade de Zúric |
Ocupación | fisiólogo, profesor universitario |
Estudos | Medicina |
Organización | ETH Zürich |
Premios | Véxase o texto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Walter Rudolf Hess, nado en Frauenfeld o 17 de marzo de 1881 e finado en Locarno o 12 de agosto de 1973, foi un fisiólogo suízo que gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1949, compartido con António Egas Moniz, por determinar as áreas do cerebro relacionadas co control dos órganos internos.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hess naceu en Frauenfeld, cantón de Turgovia (Suíza). Recibiu o título de médico pola Universidade de Zúric en 1906, e converteuse en cirurxián e oftalmólogo. En 1912 deixou a lucrativa práctica privada da oftalmoloxía e dedicouse á investigación.
Os seus principais intereses foron a regulación sanguínea e a respiración. Como un abandono destas primeiras investigacións, empezou a mapear as partes do diencéfalo que controlan os órganos internos. Desde 1917 até 1951 foi profesor e director do Departamento de Fisioloxía da Universidade de Zúric.
Hess morreu en Locarno, cantón de Tesino (Suíza).
Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]
- Das Zwischenhirn und die Regulation von Kreislauf und Atmung. Leipzig: Thieme, 1932.
- Die funktionelle Organisation des vegetativen Nervensystems. Basel: Schwabe, 1948.
- Das Zwischenhirn. Syndrome, Lokalisationen, Funktionen. Basel: Schwabe, 1949; 2. erweiterte Auflage 1954.
- Hypothalamus und Thalamus. Experimental-Dokumente. Stuttgart: Thieme, 1956.
- Psychologie in biologischer Sicht. Stuttgart: Thieme, 1968.
Honores[editar | editar a fonte]
- Membro da Leopoldina
- Membro da Academia Pontificia das Ciencias
- Marcel Benoist Prize, 1932.[1]
- Doutor honoris causa polas Universidades de Berna, Xenebra, McGill University e Friburgo.[1]
- Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, 1949.[1]
Predecesor: Paul Hermann Müller |
![]() 1949 |
Sucesor: Edward Calvin Kendall Tadeus Reichstein Philip Showalter Hench |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Christian W. Hess. "W. R. Hess Biography" (PDF). Schweizer Archiv für Neurologie und Psychiatrie 159 (4): 255–261.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Walter Rudolf Hess |