Albert Claude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albert Claude
Datos persoais
Nacemento24 de agosto de 1899
LugarLonglier (Bélxica)
Falecemento22 de maio de 1983 (84 anos)
LugarBruxelas (Bélxica)
NacionalidadeBelga
CónxuxeJulia Gilder
Actividade
CampoBioloxía celular
Alma máterUniversidade de Liexa
Contribucións e premios
Coñecido porFraccionamento celular
PremiosPremio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1974)
editar datos en Wikidata ]

Albert Claude, nado o 24 de agosto de 1899 e finado o 22 de maio de 1983, foi un biólogo belga que gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1974.

Estudou medicina na Universidade de Liexa (Bélxica). Durante o inverno de 1928-29 traballou en Berlín, primeiro no Institute für Krebsforschung, e logo no Kaiser Wilhelm Institute de Dahlem. No verán de 1929 uniuse ao Instituto Rockefeller. Mentres traballaba na Universidade Rockefeller nos anos 1930 e 1940, usou o microscopio electrónico para facer imaxes das células co cal profundou o coñecemento científico da estrutura celular e as súas funcións. Tamén desenvolveu un método por centrifugación diferencial, que separa os compoñentes celulares segundo a súa densidade.

O seu gran recoñecemento foi recibir o Premio Nobel en 1974, por ensanchar o coñecemento das células. Compartiu o Premio Nobel cos seus estudantes George Palade e Christian de Duve.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]