Charles Nicolle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Nicolle
Datos persoais
Nome completoCharles Jules Henri Nicolle
Nacemento21 de setembro de 1866
LugarRuan (Francia)
Falecemento28 de febreiro de 1936, 69 anos
LugarTunes (Tunisia)
ResidenciaFrancia, Tunisia
NacionalidadeFrancesa
Actividade
CampoMedicina
Alma máterInstituto Pasteur e Lycée Pierre-Corneille
Contribucións e premios
Coñecido porPolas súas investigacións sobre o tifo.
PremiosPremio Nobel de Medicina (1928)
editar datos en Wikidata ]

Charles Jules Henri Nicolle, nado en Ruán o 21 de setembro de 1866 e finado en Tunes, Tunisia, o 28 de febreiro de 1936, foi un médico francés, especialista en microbioloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou primeiro no hospital de Ruán onde participou na elaboración dun soro contra a difteria. En 1903, asumiu a dirección do Instituto Pasteur en Tunes, e alí traballou en diversas enfermidades infecciosas, como o tifo e a malaria e estudando o papel que desempeñan algúns animais na súa propagación. Así, en 1909 descobre que o piollo é o principal transmisor do tifo. Con esta constatación, chégase á consecuencia de que a eliminación dos piollos será necesaria para evitar a transmisión da enfermidade e para salvase vidas. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1928.

É o autor desta profética sentenza referente á aparición de novas enfermidades: Así pois, haberá novas enfermidades. É un feito inevitable. Outro feito, tamén inevitable, é que nunca seremos capaces de localizalas nas súas orixes. Cando sexamos coñecedores desas enfermidades, xa estarán formadas, serán, por dicilo así, adultas. E aparecerán como apareceu Atenea, saíndo armada desde a cabeza de Zeus. Como as recoñeceremos, esas novas enfermidades, como poderiamos sospeitar a súa existencia antes de que se vistan con síntomas? Hai que resignarse á ignorancia nos primeiros casos evidentes. Ignoraranse, confundiranse con enfermidades existentes con anterioridade e só tras un longo período de ir ás cegas separaremos o novo tipo patolóxico do taboleiro das enfermidades xa clasificadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]