Robert Bárány
Robert Bárány | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 22 de abril de 1876 |
Lugar | Viena (Austria) |
Falecemento | 8 de abril de 1936, 59 anos |
Lugar | Uppsala (Suecia) |
Soterrado | Cemitério do Norte |
Residencia | Austria, Suecia |
Nacionalidade | Austríaca |
Actividade | |
Campo | Medicina |
Alma máter | Universidade de Viena |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Polas súas investigacións sobre o aparello vestibular no oído interno |
Premios | Premio Nobel de Medicina (1914) |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Robert Bárány, nado en Viena o 22 de abril de 1876 e finado en Uppsala (Suecia) o 8 de abril de 1936, foi un médico austríaco de orixe húngara.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realizou tódolos seus estudos en Viena até graduarse na facultade de medicina vienesa en 1900. Realizou prácticas de medicina interna, neuroloxía e psiquiatría en Alemaña. En 1903 comeza a práctica cirúrxica co profesor Politzer na clínica de oído do Hospital Xeral de Viena, onde permaneceu os seguintes 10 anos.
Bárány definiu as respostas normais e anormais a diferentes estímulos térmicos aplicados ó órgano da audición, enfocándose principalmente á función de labirinto e ós canles semicirculares do oído. Mediante as súas investigacións, describiu signos e síndromes, e creou probas para o estudo da función vestibular e a súa relación co cerebelo.
Como cirurxián, describiu procedementos para tratar a otosclerose e serviu como cirurxián durante a primeira guerra mundial, sendo pioneiro no tratamento das feridas por armas de fogo no cerebro. Foi feito prisioneiro de guerra e continuou a súa práctica cirúrxica durante a súa reclusión.
En 1914 foi galardoado co Premio Nobel de Medicina polos seus traballos na fisioloxía e patoloxía do aparello vestibular sendo aínda prisioneiro.
Non foi liberado até 1916, mediante a intervención de institucións e corpos diplomáticos. Trala súa liberación foi acusado de plaxio e omisión científica, e foi absolto destes cargos polo Instituto Karolinska. Viviu o resto dos seus días en Uppsala, Suecia, como profesor e xefe do servizo de otoloxía da Universidade de Uppsala, até a súa morte o 8 de abril de 1936.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Bárány ![]() |