Charles Scott Sherrington
Sir Charles Scott Sherrington, GBE, nado en Londres, Gran Bretaña, o 27 de novembro de 1857 e finado en Eastbourne, Gran Bretaña, o 4 de marzo de 1952, foi un médico neurofisiólogo británico, premio Nobel de Medicina, que estudou as funcións da cortiza cerebral.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina na Universidade de Cambridge, onde se graduou en 1885. Posteriormente ampliou os seus estudos en Berlín con Robert Koch e Rudolf Virchow e en Estrasburgo con F. Goltz.
En 1887 Sherrington uniuse á escola de medicina do Hospital St. Thomas, onde ensinou medicina. Posteriormente levou a cabo traballos experimentais na Brown Institution, departamento veterinario da Universidade de Londres. En 1895, chegou a ser profesor da Universidade de Liverpool. Obtivo o posto de profesor de fisioloxía da Universidade de Oxford en 1913. Foi presidente da Royal Society de 1920 a 1925. Sherrington recibiu a Gran Cruz do Imperio Británico en 1922 e a Orde do Mérito en 1924. Retirouse da vida académica en 1935, pero continuou dando conferencias e escribindo.
Foi galardoado en 1932 co premio Nobel de Medicina polos seus traballos no campo da neurofisioloxía: localización das funcións do córtex cerebral, investigacións reflexolóxicas etc.
As súas obras máis relevantes foron:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Scott Sherrington |