Otto Fritz Meyerhof
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de abril de 1884 Hannover |
| Morte | 6 de outubro de 1951 Filadelfia |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Catedrático | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Estrasburgo Universidade de Heidelberg Universidade Humboldt de Berlín |
| Director de tese | Otto Heinrich Warburg |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioquímica |
| Lugar de traballo | Kiel |
| Ocupación | bioquímico, profesor universitario, psiquiatra, fisiólogo |
| Empregador | Christian-Albrechts-Universität zu Kiel Universidade de Heidelberg Universidade de Pensilvania |
| Membro de | |
| Interesado en | Fisioloxía |
| Obra | |
| Doutorando | Severo Ochoa |
| Familia | |
| Fillos | George Geoffrey Meyerhof, Walter Meyerhof |
| Pais | Felix Meyerhof |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мейергоф Отто) Heidelberger Gelehrtenlexikon 1803–1932, (p.180) |
Otto Fritz Meyerhof, nado en Hannover o 12 de abril de 1884 e finado en Filadelfia (EUA) o 6 de outubro de 1951, foi un fisiólogo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou os estudos de Medicina en Friburgo e Estrasburgo, e o doutoramento en Heidelberg. Traballou no instituto de Fisioloxía e Bioloxía de Kiel. Foi director do instituto de Fisioloxía e Bioloxía Wilhelm Kaiser, Berlín.
O ascenso do partido nazi obrigou a Meyerhof, de orixe xudía, a emigrar a París, e posteriormente a Estados Unidos. Foi profesor de fisioloxía na Universidade de Pensilvania, e faleceu en Filadelfia, en 1951.
Os seus traballos orientáronse, preferentemente, no proceso químico que se verifica na combustión da glicosa presente no organismo e na liberación de enerxía que se desprende en toda contracción muscular.
Meyerhof comprobou que se a contracción muscular se produce en presenza de osíxeno, a glicosa transfórmase en ácido láctico e este, pola presenza do osíxeno, en anhídrido carbónico e auga.
Obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1922, compartido con Archibald Vivian Hill.