Willem Einthoven
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de maio de 1860 Semarang, Indonesia |
| Morte | 29 de setembro de 1927 Leiden, Países Baixos |
| Lugar de sepultura | Oegstgeest (pt) |
| Rector magnificus of Leiden University (en) | |
| 1905 – 1906 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Utrecht |
| Director de tese | Franciscus Cornelis Donders |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Fisioloxía |
| Ocupación | inventor, fisiólogo, médico, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Leiden, Dutch ordinary professor (en) |
| Membro de | |
| Interesado en | Fisioloxía |
| Familia | |
| Cónxuxe | Frédérique Jeanne Louise de Vogel |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Эйнтховен Виллем) Obálky knih, Onze Hoogleeraren (en) |
Willem Einthoven, nado en Semarang, (actual Indonesia), o 21 de maio de 1860 e finado en Leiden (Países Baixos) o 28 de setembro de 1927, foi un médico neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun médico militar, naceu na colonia holandesa de Xava, hoxe Indonesia. Trala morte do pai, a familia regresou ó seu país, onde Einthoven acabou obtendo a licenciatura en Medicina na Universidade de Utrecht.
Pronto foi nomeado profesor de fisioloxía e histoloxía na Universidade de Leiden, onde desenvolvería o seu labor investigador. Ós 26 anos de idade, era un científico de notable reputación, participaba en numerosos foros científicos internacionais e falaba varias linguas con extraordinario dominio.
En 1901, Einthoven publicou o seu primeiro artigo científico comunicando as súas experiencias co galvanómetro de corda e a súa utilidade para o rexistro dos potenciais cardíacos ("Un nouveau galvanométre. Arch Néerland Sci exactes naturelles, Serie 2, 6:625-633"). Cinco anos máis tarde, describía con detalle as aplicacións clínicas do electrocardiograma nun artigo titulado: "Le telecardiogramme (1906). Arch Int Physiol. 4:132-164". Este artigo sentou as bases para a extraordinaria avalancha informativa que se desenvolveu desde entón acerca desta imprescindible ferramenta na análise cardiolóxica.
Os seus traballos fixéronlle merecedor do Premio Nobel de Medicina en 1924.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Willem Einthoven |