Indigènes
Indigènes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Indigènes |
Director | Rachid Bouchareb |
Produtor | Jean Bréhat Jacques-Henri Bronckart |
Intérpretes | Jamel Debbouze Samy Naceri Sami Bouajila Roschdy Zem Bernard Blancan |
Fotografía | Patrick Blossier |
Estrea | 2006 |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Alxeria Francia Bélxica Marrocos |
Xénero | Bélico |
Orzamento | 14,5 millóns de dólares |
Recadación | 22,5 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.tadrart.com/tessalit/indigenes/home.html | |
Indigènes (en árabe: بلديون) é un filme de 2006 dirixido por Rachid Bouchareb. Está protagonizado por Sami Bouajila, Jamel Debbouze, Samy Naceri, Roschdy Zem, Mélanie Laurent e Bernard Blancan. O filme conta as contribucións dos soldados do norte de África ás forzas da Francia Libre durante a segunda guerra mundial así como a discriminación que sufriron. O lanzamento do filme contribíu a un recoñecemento parcial dos dereitos de pensión dos soldados das antigas posesións francesas por parte do goberno francés.[2]
Os membros do elenco Jamel Debbouze, Samy Naceri, Roschdy Zem, Sami Bouajila e Bernard Blancan gañaron o Prix d'interprétation masculine no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2006 polas súas interpretacións,[3] e o filme gañou o Premio François Chalais. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jamel Debbouze como Saïd Otmari
- Samy Naceri como Yassir
- Roschdy Zem como Messaoud Souni
- Sami Bouajila como Abdelkader
- Bernard Blancan como sarxento Roger Martinez
- Mathieu Simonet como cabo Leroux
- Assaad Bouab como Larbi
- Mélanie Laurent como Margueritte village Vosges
- Benoît Giros como capitán Durieux
- Thibault de Montalembert como capitán Martin
- Aurélie Eltvedt como Irène
- Dioucounda Koma como Touré
- Philippe Beglia como Rambert
- Antoine Chappey como o coronel
- Kalen Bushe como o segundo coronel
- Thomas Langmann como o xornalista
- Julie de Bona
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Indignes (Days of Glory) (2006)- JPBox-Office".
- ↑ 'Days of Glory' MOVIE REVIEW - Los Angeles Times, Kenneth Turan, 6 de decembro de 2006, Consultado o 30 de marzo de 2007
- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Days of Glory". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Alxeria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2006
- Filmes en lingua francesa
- Filmes en lingua árabe
- Filmes de Francia
- Filmes de Alxeria
- Filmes de Marrocos
- Filmes de Bélxica
- Filmes dirixidos por Rachid Bouchareb
- Filmes sobre racismo
- Filmes sobre temas raciais
- Filmes ambientados en 1943
- Filmes ambientados en 1944
- Filmes ambientados en Alxeria
- Filmes ambientados en Italia
- Filmes ambientados en Francia
- Filmes sobre a segunda guerra mundial