Saltar ao contido

Liña de alta velocidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shinkansen E5
AGV

Unha liña de alta velocidade é unha infraestrutura para o transporte público sobre raís a velocidades superiores aos 200–220 km/h. Segundo a Unión Europea calquera liña apta para 200 km/h ou máis, sexa de nova construción ou actualizada, é unha liña de alta velocidade.

Características

[editar | editar a fonte]

Os trazados destas liñas requiren unhas condicións especiais. Os raís teñen que ser cando menos de 60 kg/m para evitar deformacións, e deben ter unha soldadura continua no canto de estar unidos por eclisas; deste xeito evítase o troupeleo. As curvas teñen que ser de radio alto para evitar excesivas forzas centrífugas que incomoden os pasaxeiros. Nos primeiros trazados esta limitación era de curvas dun mínimo de 4 quilómetros de radio, actualmente a limitación está en radios de 7 km para poder circular a velocidades de 350 km/h, tamén debe haber balastro a máis profundidade para que os carrís poidan soportar mellor as forzas e para mellorar a comodidade dos usuarios.

Os túneles teñen que ter un maior diámetro para evitar os cambios bruscos de presión ao entrar e saír deles. A electrificación da catenaria ten que ter unha maior tensión cós trazados convencionais, para poder cubrir as necesidades enerxéticas dos trens de alta velocidade, próximas aos 9000 kW. Todo o percorrido debe estar valado para evitar o paso de animais ou persoas, sen pasos a nivel, e as pontes deben ter sensores para detectar se caen obxectos nas vías.

Nestes trazados pódense permitir pendentes de ata 3,5% ou ata o 4%, maiores do que nas liñas tradicionais polo elevado movemento de inercia que posúen estes trens de alta velocidade.

Ademais as liñas de alta velocidade deben dispor de sistemas electrónicos de sinalización en cabina, xa que para o maquinista é practicamente imposible detectar os sinais a partir dos 200 km/h.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]