Sistema europeo de xestión do tráfico ferroviario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As liñas AVE en España están equipadas con ERTMS.

O sistema europeo de xestión do tráfico ferroviario (ERTMS, siglas en inglés de European Rail Traffic Management System) un estándar europeo de seguridade do sector ferroviario.

O ERTMS ten dúas compoñentes:

  • O sistema europeo de control ferroviario (ETCS, European Train Control System), estándar para o control ferroviario.
  • O sistema global para as comunicacións móbiles nas vías de tren (GSM-R, Global System for Mobile Communications – Railway), un sistema de comunicacións de voz e datos tren-terra baseado no GSM pero con frecuencias propias.

O sistema está formado pola infraestrutura en terra, balizas e sinais, e os equipos que levan os trens.

Descrición[editar | editar a fonte]

Pantalla do sistema ERTMS indicando a velocidade do tren (138 km/h) e a máxina que pode acadar.

O sistema está desenvolvido polas empresas Alstom, Ansaldo STS, AZD, CAF, Siemens AG-Invensys, Thales, Mercer e Bombardier. Ademais da Unión Europea é empregado en países como China, Taiwán, Corea do Sur, India, Alxeria, Libia, Arabia Saudí, México, Nova Zelandia ou Australia.

En Europa existen catro anchos de vías diferentes, cinco sistemas de electrificación e vinte sistemas de xestión de sinalización e control. O sistema ERTMS foi primeiramente apoiado por España, Holanda e Suíza, países que non tiñan liñas de alta velocidade e sistemas propios.

As funcións de control dos trens está desenvolvido en tres niveis:

  • ETCS Nivel 1: Transmite información aos trens de xeito pasivo, por medio de balizas e sinais na vía ao paso do tren.
  • ETCS Nivel 2: Introduce as funcionalides do nivel 1, engadindo a sinalización semafórica. Empregando o RBC (Radio Block Center) transmite a posición do tren na vía e informa do percorrido intercambiando información a través da radio.
  • ETCS Nivel 3: Determina de xeito activo a posición de cada tren na vía e con respecto aos demais trens. Este nivel permite suplementar a rede de balizas e a rede semafórica.

Os niveis 1 e 2 xa están operativos. O nivel 3 está previsto que entre en funcionamento en 2020[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Iglesias Díaz, Ignacio Jorge, Director de Investigación y Desarrollo de de ADIF. Ponencia "Interoperabilidad y ERTMS" presentada en la Asamblea de la Plataforma Tecnológica Ferroviaria Española, Madrid, 28 de maio de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]