Túnel das Maceiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Túnel da Madroa»)

Coordenadas: 42°15′22″N 8°38′38″O / 42.256091310718, -8.6440121354123

Obras de construción do túnel.

O túnel das Maceiras, tamén coñecido como túnel da Madroa ou túnel Vigo-Redondela, é un túnel ferroviario de dous tubos de 8,5 km de lonxitude que conecta As Maceiras, en Redondela, coa nova estación subterránea de Vigo-Urzaiz. É o túnel máis longo do eixe atlántico de alta velocidade (EAAV).[1]

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun túnel bitubo (un para cada sentido da circulación) construído baixo o monte da Madroa cun custo de 183 millóns de euros. Para construílo contratáronse dúas tuneladoras, A Miñoca e A Lebre, e instaláronse 70.000 doelas e 10.000 aneis para garantir a estabilidade do trazado, segundo informa Adif no seu vídeo "Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo".[2][3]

Acceso á nova Estación de Vigo-Urzaiz.

O túnel forma parte do traxecto entre a nova estación de Vigo-Urzaiz e a estación de Santiago de Compostela. A comezos do século XXI construíronse 36,9 km, que permiten unha continuidade en dobre vía electrificada[4]. O 16 de abril de 2015 realizouse a viaxe inaugural da Coruña a Vigo, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, que tamén inauguraron a nova terminal viguesa, deseñada por Thom Mayne.[5] O sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]