Minuto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O minuto (min) é unha unidade de tempo que equivale á sesaxésima parte dunha hora. Tamén equivale a 60 segundos, que é a unidade de tempo do Sistema Internacional de Unidades.

Isto é:

1/60 h = 1 min = 60 s

A verba minuto provén do latín pars minuta prima, que significa ‘parte diminuta primeira’, coa mesma etimoloxía que «menor». O segundo era denominado pars minuta secunda, a ‘parte diminuta segunda’.


Unidades de tempo
femtosegundo | picosegundo | nanosegundo | microsegundo | milisegundo | segundo
minuto | hora | día | semana | mes | ano | lustro | década | século | milenio | cron | eón