Sociedade erudita
Unha sociedade erudita (tamén coñecida como academia erudita ou asociación académica) é unha organización que existe para promover unha disciplina académica, unha profesión ou un grupo de disciplinas relacionadas como as artes.[1] A afiliación pode ser aberta a todos, pode requirir posesión dalgunha cualificación ou pode ser unha honra conferida por elección.[2]
Moitas das sociedades eruditas son organizacións sen ánimo de lucro, e moitos son asociacións profesionais. As súas actividades tipicamente inclúen conferencias regulares para a presentación e discusión de novos resultados de investigación e publicación de revistas académicas patrocinadoras na súa disciplina. Algúns tamén actúan colexios profesionais, regulando as actividades dos seus membros no interese público ou no interese colectivo da afiliación.
Historia
[editar | editar a fonte]Algunhas das máis antigas sociedaeds eruditas son a Académie des Jeux floraux (fundada en 1323), a Sodalitas Litterarum Vistulana (fundada en 1488), a Accademia della Crusca (fundada en 1585), a Accademia dei Lincei (fundada en 1603), a Academia Francesa (fundada en 1635), a Leopoldina (fundada en 1652), a Royal Society of London (fundada en 1660) e a Académie des sciences (fundada en 1666).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Environmental Studies Association of Canada - What is a Learned Society?". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de maio de 2013.
- ↑ "Learned societies & academies". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2014. Consultado o 10 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Scholarly Societies Project from the University of Waterloo LibrariesArquivado 31 de agosto de 2015 en Wayback Machine.
- Eclectica, virtual exhibit on the history of Canadian learned societies.