Bebeto
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país,[1] foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o sexto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
Iniciou a súa carreira profesional no Vitória da súa cidade natal, antes de fichar en 1983 polo Flamengo, no que militou durante os seguintes seis anos. Marcou máis dun cento de goles oficiais co Mengão, co que gañou o Campionato Brasileiro e o Campionato Carioca, sendo dúas veces máximo goleador da liga estatal. A continuación fichou polo máximo rival histórico do club rubro-negro, o Vasco da Gama, gañando un segundo Campionato Brasileiro en 1989 e proclamándose máximo goleador nacional en 1992, xusto antes de fichar polo Deportivo da Coruña. A súa chegada á Coruña, xunto á do seu compatriota Mauro Silva, supuxo un punto de inflexión na historia do club e marcou o inicio do chamado Super Dépor. Xogou un total de 154 partidos oficias nas súas catro tempadas no Deportivo, co que marcou 102 goles. Gañou unha Copa do Rei e unha Supercopa de España e conseguiu dous subcampionatos de liga.
Internacional coa selección brasileira entre 1985 e 1998, formou unha célebre dupla atacante con Romário. Gañou a Copa América de 1989, sendo o máximo goleador do torneo, e proclamouse campión do mundo en 1994, tras derrotar na final a Italia. No Mundial de 1998 acadou de novo a final, tendo como compañeiro a Ronaldo, pero o equipo brasileiro perdeu ante Francia. É o sexto máximo goleador da historia da selección, cun total de 39 goles en 75 partidos.
Trala súa retirada do fútbol entrou en política e ocupou durante 12 anos o cargo de deputado da Asemblea Lexislativa do Río de Xaneiro. É pai do tamén futbolista Mattheus Oliveira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Naceu e criouse no barrio da Ribeira, na zona da Cidade Baixa da cidade baiana de Salvador, sendo un dos dez fillos de Wilson Carvalho de Oliveira e da súa esposa dona Carmen.[2][3] Seguindo os pasos de seu irmán Luís Augusto, futbolista entre outros do Bahia e do Galícia, comezou a xogar ao fútbol en torneos infantís do barrio do Barbalho e probou tamén no fútbol sala, militando na Associação Atlética da Bahia.[4] Aos 16 anos foi convencido polo seu irmán para facer unha proba co Bahia, onde foi aceptado.[2]
Vitória (1ª etapa)
[editar | editar a fonte]Permaneceu apenas un mes na canteira do club, antes de cambiar ao máximo rival deste, o Vitória, do que era afeccionado dende pequeno.[2] Debutou co primeiro equipo en 1982 e axiña comezou a destacar, sendo convocado pola selección brasileira sub-20 que dirixía Jair Pereira. Tras conquistar o Campionato Suramericano sub-20 de 1983, recibiu unha oferta do Vasco da Gama, pero foi finalmente o Flamengo o que se fixo cos seus servizos.[2]
Flamengo (1ª etapa)
[editar | editar a fonte]Debutou co equipo do Río de Xaneiro o 23 de marzo de 1983, da man do adestrador Paulo César Carpegiani, nun partido do Campionato Brasileiro diante do Tiradentes do Piauí, encontro que rematou con vitoria por 2-0.[5][6] Na súa primeira campaña proclamouse campión brasileiro, cun equipo que contaba con destacados xogadores como Zico, Leandro, Mozer, Adílio, Júnior ou Baltazar, e que estaba dirixido por Carlos Alberto Torres. Contou con minutos no partido de ida da final ante o Santos no Morumbi, disputando o segundo tempo como substituto de Júlio César Barbosa.[7] Marcou o seu primeiro gol coa camiseta rubro-negra en xullo dese mesmo ano, fronte ao Goytacaz no Campionato Carioca, competición na que o Flamengo acabou subcampión por detrás do Fluminense.[8][9]
Xa asentado na titularidade, repetiu subcampionato carioca na campaña de 1984. O equipo acadou o triangular final, no que Bebeto marcou o gol na vitoria por 1-0 sobre o Vasco, sendo este o seu primeiro tanto nun Clássico dos Milhões, considerado un dos derbis de maior rivalidade do mundo. Con todo, a derrota ante o Fluminense no derradeiro partido deulle o título de novo ao club tricolor. O 20 de abril dese ano debutou na Copa Libertadores, marcando o primeiro dos cinco goles do seu equipo ante o Santos (5-0).[10] Marcou tamén ante o América de Cali e fíxolle dous goles ao Grêmio, pero o Flamengo quedou a un paso de meterse na final, á que accedeu finalmente o equipo de Porto Alegre. O ano pechouse traxicamente para Bebeto, pois o 20 de decembro perdeu ao seu irmán Nílton, falecido nun accidente de aviación no Pico da Caledônia, en Nova Friburgo, no que perdeu a vida tamén o seu compañeiro no Flamengo Figueiredo.[11] O accidente afectou profundamente a Bebeto, que pensou en deixar o fútbol, sendo a súa contorna a que o animou a continuar a súa carreira.[2][12]
En 1985 acadou de novo o triangular final do Carioca, marcando outra vez un gol, pero o campionato volveu ir parar ao Fluminense. 1986 foi o ano da súa consagración, converténdose nun dos maiores ídolos do fútbol carioca.[12] Sumou o seu segundo título co Flamengo, ao gañar o Campionato Carioca tras derrotar na fase final ao Vasco de Gama, club no que destacaba xa o seu futuro compañeiro de ataque Romário.[13] Dita final disputouse a tres partidos, rematando sen goles os dous primeiros. No terceiro e definitivo, Bebeto abriu o marcador, que pechou o seu compañeiro Júlio César Barbosa, dándolle ao Flamengo un título estatal que non gañaba dende había cinco anos. Bebeto rematou como o terceiro máximo goleador do campionato, con 16 goles, superado só por Romário e Roberto Dinamite.[14]
En 1987 perdeu a parte inicial da tempada pola rotura dun brazo, pero trala súa reaparición rendeu a un gran nivel e entrou definitivamente na historia do fútbol do seu país, grazas aos seus goles no polémico Campionato Brasileiro daquel ano, marcado polas disputas organizativas. Encadrado o Flamengo no chamado Módulo Verde, Bebeto anotou o único gol na ida das semifinais contra o Atlético Mineiro no Maracanã e marcou tamén na vitoria por 2-3 no encontro de volta na Beira-Rio. Volveu marcar no primeiro encontro da final, abrindo de cabeza o marcador ante o Inter de Porto Alegre, antes de que Amarildo colocase o 1-1 final.[15] No partido de volta anotou un dos goles máis importantes da súa carreira,[12] superando a Cláudio Taffarel e facendo o único tanto do encontro, proclamándose así campión da Copa União e, segundo o Flamengo e outras institucións, tamén campión brasileiro, manténdose unha disputa xudicial sobre este asunto durante as seguintes décadas.[16][17]
En 1988 proclamouse máximo goleador do Campionato Carioca, con 17 tantos, un máis que Romário, e chegou a marcar catro goles nunha vitoria por 6-0 sobre o Goytacaz.[18] O equipo acabou subcampión, tras perder a final ante o Vasco. Tamén destacou como goleador no Brasileirão, con 15 dianas, cifra só superada por Nílson, dianteiro do Inter.[19] Marcou ademais o primeiro gol do Flamengo na Supercopa Suramericana, competición que celebraba ese ano a súa edición inaugural. Na seguinte campaña, con Telê Santana como adestrador, Bebeto volveu ser o máximo artilleiro da liga carioca, con 18 dianas, volvendo marcar catro goles nun partido contra o Nova Cidade, pero volveu perder na final, desta vez diante do Botafogo.[20]
Vasco da Gama (1ª etapa)
[editar | editar a fonte]Considerado naquel momento o mellor futbolista do Brasil xunto a Romário, recibiu ofertas de varios clubs europeos, como o Bayern de Múnic, a Juventus ou o Olympique de Marsella, pero continuou xogando no seu país.[12] En 1989 o seu pase foi parar á Federación de Fútbol do Estado do Río de Xaneiro e ante a lentitude do Flamengo para a súa renovación, foi o Vasco da Gama quen conseguiu facerse co futbolista, grazas á actuación do presidente do club, Antonio Soares Calçada, que finxiu non ter interese no xogador cando a súa fichaxe xa estaba acordada.[12][4] Cando os directivos do Flamengo reaccionaron xa era tarde e Bebeto converteuse en novo futbolista do Vasco.[12] A súa polémica fichaxe polo seu máximo rival histórico, enfadou a moitos seareiros do Flamengo, que o acusaron de traidor, situación que empeorou polas declaracións do xogador afirmando ter dende pequeno unha simpatía polo club acrecentada polo feito de que o seu propio avó se chamaba Vasco da Gama.[12]
Deixou o Flamengo como o sétimo máximo goleador da historia do club, con 151 goles en 308 partidos (contando encontros amigables), ocupando na actualidade o oitavo posto. É ademais o segundo máximo artilleiro da historia do club no Campionato Brasileiro, con 41 dianas (superado só por Zico).[21]
Debutou co Vasco o 17 de setembro de 1989, nun partido do campionato brasileiro fronte ao Santos na Vila Belmiro, e marcou o primeiro dos dous goles do seu equipo no partido (2-1).[22] Titular nun equipo que contaba con xogadores como Andrade, Paulo Roberto, Luiz Carlos Winck, Marco Antônio Boiadeiro, William, Bismarck, Sorato ou Mazinho, foi unha peza fundamental para Nelsinho Rosa, contribuíndo con seis goles á conquista do título nacional por parte do equipo vascaíno, o segundo da historia do club, despois de derrotar na final ao São Paulo. As súas grandes actuacións no ano 1989, tanto no Flamengo, como no Vasco e na selección, valéronlle varios premios, entre eles o de Craque do Ano da revista Placar e o de Futbolista Suramericano do Ano.
En 1990, a pesar do retorno de Roberto Dinamite, o Vasco quedou sen ningún título, ao non se clasificar para as finais do Campionato Brasileiro, e despois de perder o Carioca fronte a Botafogo. Bebeto disputou por segunda vez a Copa Libertadores, marcando un gol e caendo nos cuartos de final ante o Cerro Porteño. Completou a campaña cun total de 11 goles, repetindo un "póker" de dianas ante o Cabofriense no campionato estatal. Os resultados do club foron semellantes na tempada seguinte, a pesar do incremento de goles de Bebeto, que acabou como segundo máximo goleador do Campionato Carioca, con 15 tantos, dous menos que Gaúcho.[23]
En 1992 o Vasco da Gama, liderado polos goles de Bebeto, que facía dupla atacante con Edmundo, protagonizou unha gran primeira fase do Campionato Brasileiro, liderando a táboa por diante do Botafogo e do Bragantino. Con todo, unha serie de empates na segunda fase deixárono fóra da final, que acabou gañando o Flamengo. Bebeto rematou como o máximo goleador do campionato, con 18 goles, 6 máis que os seguintes clasificados (Chicão e Paulinho McLaren), e recibiu a Bola de Prata como un dos once mellores futbolistas do torneo.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]O seu gran rendemento no Brasil chamou a atención do fútbol europeo, recibindo ofertas de varios clubs, entre eles o Deportivo da Coruña e o Borussia Dortmund. Aínda que se informou de que a súa fichaxe polo Borussia xa estaba pechada,[24] en xullo o presidente do Deportivo da Coruña, Augusto César Lendoiro, viaxou ao Río de Xaneiro co propósito de contratalo. Alí conseguiu convencer ao futbolista, e sobre todo á súa esposa Denise, de que rexeitase a oferta do club alemán e aceptase a do coruñés, que acabou pagando uns 2,5 millóns de dólares ao Vasco da Gama polos seus servizos.[25][26] A súa fichaxe (unha das que tivo maior repercusión nos medios da historia do Deportivo),[27] xunto á do tamén brasileiro Mauro Silva, que se pechou na mesma viaxe de Lendoiro, supuxo un punto de inflexión na historia do club, que viña de ascender á Primeira División só un ano antes, e que sufrira para manterse na máxima categoría na tempada que acababa de rematar.[28][25]
Bebeto foi presentado xunto ao orosán Juanito nun multitudinario acto en Riazor, con milleiros de seareiros nas bancadas.[29] Debutou coa camiseta do Deportivo nun partido amigable ante o Lugo no Anxo Carro, marcando un triplete na vitoria coruñesa por 0-6.[30] A súa estrea en partido oficial produciuse na primeira xornada de liga, o 6 de setembro de 1992 nun derbi contra o Celta de Vigo en Riazor que rematou con vitoria local (2–0) e gol do propio Bebeto, que logrou o segundo dos coruñeses. Marcou tamén nas dúas seguintes xornadas e xa na quinta fíxolle dous goles ao Real Madrid, nun encontro que o Deportivo gañou por 3-2. Acompañado na dianteira por Claudio, continuou con grandes rexistros goleadores durante toda a competición, incluíndo o seu primeiro triplete, contra o Espanyol. Foi quen de marcar gol en sete xornadas consecutivas, entre a 13ª e a 19ª, establecendo un novo récord no club, que só foi igualado 23 anos despois por Lucas Pérez.[31] Pechou a súa primeira campaña na Coruña converténdose no primeiro futbolista da historia do Deportivo en conquistar o Trofeo Pichichi, cun total de 29 goles, tres máis que o seguinte clasificado, o chileno Iván Zamorano.[32] O equipo adestrado por Arsenio Iglesias acabou a liga na terceira posición, detrás do Barcelona e do Real Madrid.
Tras non participar nas primeiras xornadas da tempada 1993/94 nin no histórico debut do equipo galego en competición europea por estar concentrado coa selección brasileira,[33] estreouse na Copa da UEFA no encontro de volta da primeira rolda ante o Aalborg danés en Riazor, anotando tres dos cinco goles do seu equipo (5-0).[34] O Deportivo acadou os oitavos de final da competición, onde foi eliminado polo Eintracht Frankfurt.[35] Na liga, Bebeto sumou 16 goles e o Deportivo mantívose líder durante a maior parte da tempada, ata que foi superado polo Barcelona na última xornada, na que Đukić fallou un decisivo penalti contra o gardameta vasco González nos últimos instantes que lle tería dado o título ao club galego.[36] A pesar da decepción, o Deportivo de Arsenio conseguiu aquela tempada o segundo subcampionato da súa historia, 44 anos despois do primeiro.[36]
Na campaña 1994–95 os números de Bebeto pouco cambiaron, logrando novamente 16 goles en liga, que contribuíron a un novo subcampionato, desta vez por detrás do Real Madrid. Na Copa da UEFA, asinou un triplete contra o Rosenborg na primeira rolda, e marcou o único gol na vitoria por 1-0 sobre o Borussia Dortmund de Ottmar Hitzfeld na ida dos oitavos de final, pero os alemáns remontaron no encontro de volta, quedando o Deportivo eliminado da competición europea nos oitavos de final por segundo ano consecutivo.[37] Porén, o grande éxito do equipo ese ano chegou na Copa do Rei, gañando o club o primeiro título da súa historia. Bebeto achegou dous goles na competición e foi titular a carón de Manjarín na final ante o Valencia no Santiago Bernabéu, partido que tivo que disputarse en dous días debido á intensa choiva que caeu na capital española, e que o O Deportivo gañou por 2-1.
A tempada 1995/96 foi a derradeira de Bebeto deportivista. Comezouna gañando un novo título, a Supercopa de España, ao vencer ao Real Madrid por un resultado global de 5-1, e sendo autor dun dos tantos. Un mes despois, Bebeto viviu un dos mellores momentos da súa carreira, ao conseguir nove goles nun intervalo de só oito días. O 24 de setembro marcou o primeiro deles, en liga ante o Tenerife, catro días antes de estrearse na Recopa de Europa cun triplete na histórica goleada por 8-0 sobre o APOEL de Nicosia.[38] Finalmente, o 1 de outubro marcou os cinco goles da vitoria por 5-0 en liga ante o Albacete, facendo catro deles nun intervalo de só 6 minutos.[39][40] Facía máis de 30 anos que un futbolista do Deportivo non marcaba cinco goles en partido oficial, desde que o conseguise Loureda na Copa do Xeneralísimo en 1965,[41] e foi a primeira e única vez que un deportivista o lograba en liga.
Pechou a liga como o terceiro máximo artilleiro, con 25 goles, só por detrás de Pizzi e Mijatović, pero o Deportivo só puido ser noveno. Na Recopa de Europa marcou un total de 6 goles, acabando como segundo máximo goleador, por detrás do checo Petr Samec, e un dos seus goles deulle ao equipo ante o Zaragoza a clasificación para unhas históricas semifinais, nas que finalmente acabaron eliminados polo PSG.[42][43] A pesar dos seus 32 goles na tempada, Bebeto decidiu non continuar no Deportivo, aceptando unha oferta para regresar ao Flamengo brasileiro, ao que foi traspasado por uns 300 millóns de pesetas.[44] Disputou o seu último partido coa camiseta branquiazul na derradeira xornada de liga, anotándolle dous goles ao FC Barcelona en Riazor. Deixou o club como un dos maiores ídolos da súa historia e como o seu quinto máximo goleador histórico, con 102 goles, só por detrás de Chacho, Traba, Veloso e Guimeráns. Na actualidade ocupa a sexta praza, despois de ser superado tamén por Diego Tristán.[45]
Flamengo (2ª etapa)
[editar | editar a fonte]Reapareceu co Flamengo o 8 de agosto de 1996, marcando o único gol do seu equipo na derrota por 4-1 ante o São Paulo no Campionato Brasileiro. Marcou outros seis goles durante o torneo, pero o equipo quedou lonxe de se clasificar para a segunda rolda. Na penúltima xornada, ante o Inter no Maracanã, tivo como parella de ataque a Romário, compañeiro seu na selección que acababa de regresar ao club carioca, pero o Flamengo caeu por 1-2.[46] Na Supercopa Libertadores o equipo quedou eliminado nos cuartos de final ante o Colo-Colo. En novembro, só tres meses despois da súa volta ao Flamengo, deixou o club carioca, sendo traspasado ao Sevilla, que pagou por el uns 600 millóns de pesetas.[47]
Sevilla
[editar | editar a fonte]Debutou co Sevilla na 13ª xornada da tempada 1996/97, ante o Real Madrid no Ramón Sánchez Pizjuán, xogando de titular nun partido que acabou en derrota (1-3). Tras non poder disputar os dous seguintes partidos por problemas físicos, reapareceu para xogar contra o seu antigo equipo, o Deportivo da Coruña, sumando unha nova derrota (0-1). Xogou catro partidos máis durante o seguinte mes e medio, todos como titular, pero non conseguiu ningún gol. O 17 de xaneiro, dous meses despois da súa fichaxe polo Sevilla, anunciouse o seu traspaso ao Vitória, o club no que debutara como profesional, despois de que o Banco Excel comprase o seu pase.[48]
Vitória (2ª etapa)
[editar | editar a fonte]O 4 de marzo de 1997 volveu vestir a camiseta do Vitória 14 anos despois, nun amigable contra o Corinthians no Barradão, vencendo por 3-1.[49][50] Dous días despois xogou en partido oficial, na Copa do Nordeste, marcando dous goles na vitoria por 3-4 sobre o Santa Cruz.[51] Bebeto, acompañado no ataque por Agnaldo, liderou o equipo na conquista dese título e tamén do Campionato Baiano, derrotando na final en ambos casos ao Bahia.[50] No campionato estatal marcou un dos catro goles do seu equipo na ida da final.[52]
Para o Campionato Brasileiro formou unha célebre dupla de atacantes xunto ao talentoso Túlio Maravilha, cedido polo Corinthians.[50] Bebeto conseguiu oito goles nos cinco primeiros partidos, colocándose como o máximo goleador provisional da competición. Con todo, a súa situación mudou en agosto, cando se fixo público o interese do Deportivo da Coruña por recuperar ao xogador. A intención do futbolista de regresar ao club galego encontrou a oposición do presidente do Vitória, Paulo Carneiro, que lle pediu ao Deportivo unha alta suma de diñeiro pola súa venda, nunhas negociacións que se prolongaron durante os seguintes dous meses, nos que o futbolista se negou a xogar. Con Bebeto xa na Coruña e cando os medios de comunicación e o propio xogador daban por pechado o traspaso tralo acordo entre os clubs,[53][54] a fichaxe truncouse debido ás esixencias do futbolista, que finamente tivo que volver ao seu país.[50][55]
O seu regreso a Salvador atopou a oposición dos seareiros do Vitória, molestos polas tentativas do xogador de deixar o club.[56][50] Durante a súa ausencia, o equipo baiano reforzárase con Uéslei e Petković, e Bebeto xa só xogou un partido máis coa camiseta do Vitória, ante o Atlético Mineiro.
Cruzeiro
[editar | editar a fonte]En decembro o Banco Excel cedeuno ao Cruzeiro para a disputa dun só encontro, a Copa Intercontinental ante o Borussia Dortmund.[57] No partido, celebrado en Toquio, Bebeto formou na dianteira titular xunto a Donizete Pantera, perdendo por 2-0.[58]
Botafogo
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1998 asinou como novo xogador do Botafogo, onde se reencontrou con Túlio.[50] O equipo realizou unha mala actuación no Campionato Carioca e no Brasileirao, pero conquistou o Torneo Río-São Paulo, derrotando ao São Paulo na final, con catro goles de Bebeto durante o torneo.[59] Permaneceu un ano máis no club do Río de Xaneiro, alcanzando a final da Copa do Brasil. Anotou un gol en dita final, pero a vitoria foi para o Juventude, na que foi a maior decepción deportiva de Bebeto, segundo o propio xogador.[60] Trala derrota deixou o Botafogo e o Río de Xaneiro.[61]
Toros Neza
[editar | editar a fonte]En xullo de 1999 fichou, ante sorpresa de moitos, polo Toros Neza de México, club que loitaba pola permanencia na Primeira División.[61][62][63] A súa etapa no club de Nezahualcóyotl resultou ser unha das peores da súa carreira deportiva. Ao pobre rendemento do equipo sumouse un mal ambiente nos vestiarios e un recorte salarial por mor dos malos resultados. Ademais Bebeto sufriu unha suposta lesión nas costas,[64] un asalto e un terremoto, o que lle fixo pensar en deixar o país.[62][63] Disputou só oito partidos, marcando dous goles (ante Toluca e Pachuca) e repartindo unha asistencia. Finalmente, tras un partido ante o Santos, foi apartado do equipo, debido aos problemas coa directiva.[63] Arrepentido de fichar polo club mexicano e enfrontado ao presidente, do que recibiu insultos e ameazas, recorreu á Federación Mexicana e á FIFA pedindo a liberación do seu contrato.[65][66]
Kashima Antlers
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2000 foi contratado polo Kashima Antlers do Xapón, co que debutou o 18 de marzo ante o Kawasaki Frontale.[67] Disputou oito partidos co club dirixido por Toninho Cerezo e marcou un gol diante do Yokohama Marinos. Deixou Kashima a finais de xullo, meses antes de que o equipo conquistase a liga xaponesa, e regresou novamente ao Vitória.[68]
Vitória (3ª etapa)
[editar | editar a fonte]Permaneceu pouco tempo no equipo da súa cidade, disputando tres partidos sen lograr ningún gol.
Vasco da Gama (2ª etapa)
[editar | editar a fonte]Tras máis de medio ano sen equipo, en agosto de 2001 regresou ao Vasco da Gama, por petición do seu antigo compañeiro Romário, co que volveu reeditar a célebre dupla de dianteiros da selección brasileira campioa do mundo.[69][70] Nesta segunda etapa no club vascaíno participou en 8 encontros e logrou 2 goles. A pesar dos goles de Romário, o Vasco non conseguiu pasar da primeira fase do Campionato Brasileiro.
Al-Ittihad
[editar | editar a fonte]En setembro de 2002 fichou polo Al-Ittihad de Arabia Saudita, co que asinou un contrato por máis dun millón de euros por só oito meses.[71][72] Xogou menos de dous meses no club de Jeddah, disputando cinco partidos e anotando un gol, ata que foi despedido en novembro debido ao seu mal rendemento.[73] A continuación colgou as botas, aos 38 anos de idade.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Selección sub-20
[editar | editar a fonte]Foi por internacional por primeira vez en 1982, coa selección brasileira sub-20 que dirixía Jair Pereira. Con este equipo conquistou o Campionato Suramericano sub-20 de 1983, despois de derrotar na final ao Uruguai.[2][74] Ese mesmo ano disputou o Campionato Mundial sub-20 en México, compartindo equipo con xogadores como Dunga, Jorginho ou Geovani. O combinado brasileiro non decepcionou e proclamouse campión do mundo vencendo na final á Arxentina, diante dos 110.000 espectadores que ateigaban o Estadio Azteca.[75] Bebeto marcou un gol nos cuartos de final ante Checoslovaquia e foi elixido no once ideal do torneo.[76]
Estrea coa selección absoluta
[editar | editar a fonte]O 28 de abril de 1985, da man do adestrador Evaristo de Macedo, debutou coa selección brasileira absoluta, nun partido contra o Perú no Estádio Nacional Mané Garrincha de Brasilia (0–1).[77] Disputou cinco partidos internacionais máis durante o seguinte mes e medio, pero quedou fóra da selección para o Mundial de 1986 en México.
Prata olímpica en Seúl 1988
[editar | editar a fonte]Dous anos despois participou coa selección olímpica nos Xogos Olímpicos de Seúl, formando ataque xunto a Romário. Marcou no primeiro partido ante Nixeria e tamén no terceiro, diante de Iugoslavia. O seu equipo acadou a gran final, na que Bebeto foi titular, pero tivo que conformarse coa medalla de prata, sendo o ouro para a Unión Soviética.[78]
Consagración na Copa América
[editar | editar a fonte]O seu primeiro gol coa selección absoluta marcouno o 10 de maio de 1989, de novo contra o Perú, pero esta vez con vitoria (1–4). Ese mesmo ano consagrouse coa selección na Copa América, proclamándose campión e máximo goleador do torneo, con seis anotacións. Os seus goles e a súa prolífica asociación con Romário, foron claves para un título que a canarinha non gañaba dende facía 40 anos.[79]
Primeira Copa do Mundo (1990)
[editar | editar a fonte]A pesar do bo rendemento da parella, unha lesión de Romário antes da Copa do Mundo de 1990, provocou que o seleccionador Sebastião Lazaroni elixise como titular á dupla formada por Careca e Müller, reducíndose a participación de Bebeto a uns poucos minutos no partido ante Costa Rica.[79] A selección brasileira quedou eliminada nos oitavos de final ante a Arxentina de Maradona.
Campión mundial (1994)
[editar | editar a fonte]Tras non participar nas dúas seguintes Copas América, regresou a un gran torneo de seleccións no Mundial de 1994 nos Estados Unidos, convocado por Carlos Alberto Parreira. Chegou á cita mundialista reconciliado con Romário, despois de varios anos de mala relación entre eles.[79] A asociación dos dous dianteiros deu os seus froitos dende o inicio, sendo o primeiro gol do Brasil no torneo un remate de Romário a un córner lanzado por Bebeto, no primeiro encontro ante Rusia (2-0).[79] No seguinte partido, a vitoria por 3-0 sobre o Camerún, Bebeto logrou o seu primeiro gol nunha Copa do Mundo, recollendo o rexeitamento dun balón perdido por Romário e superando ao gardameta africano Joseph-Antoine Bell.
Os oitavos de final ante a selección anfitrioa no día da Independencia estadounidense decidíronse cun solitario gol do propio Bebeto, con asistencia de Romário. Na celebración do tanto, Bebeto dedicoulle un célebre "Eu te quero" ao Baixinho, que disipou calquera dúbida sobre a súa amizade.[79] Nos cuartos de final, disputados ante os Países Baixos en Dallas, Bebeto deulle a asistencia a Romário no primeiro gol e foi o autor do segundo dos tres tantos do seu equipo (3-2), despois de canear a Ed de Goeij.[79] Celebrou o seu gol simulando que arrolaba un bebé, facendo referencia ao nacemento dous días antes do seu fillo Mattheus. Dita celebración, á que se uniron Romário e Mazinho converteuse na imaxe máis icónica daquela edición do torneo e nunha das máis célebres da historia do torneo..[80][81][82]
Despois de superar nas semifinais a Suecia por 0-1, o Brasil chegou a unha final mundial 24 anos despois da Copa do Mundo de 1970. Bebeto e Romário formaron de novo a parella de ataque titular na final, enfrontándose a unha Italia que contaba con outro dos mellores dianteiros do mundo: Roberto Baggio.[79] Con todo, o partido rematou sen goles, decidíndose o título na quenda de penaltis. Bebeto debía tirar o quinto lanzamento do seu equipo, pero non foi necesario tralo erro de Baggio, que converteu en campión ao Brasil.[79]
Bronce olímpico en Atlanta 1996
[editar | editar a fonte]Dous anos despois Bebeto regresou aos Estados Unidos para participar nos Xogos Olímpicos de 1996, como un dos dous xogadores de máis de 23 anos do equipo brasileiro, sendo o outro Aldair. O equipo de Zagallo comezou o torneo con mal pé, perdendo ante o Xapón, pero repúxose na segunda xornada, gañando por 3-1 a Hungría, cun gol de Bebeto. No último partido da fase de grupos, Ronaldinho marcou contra Nixeria o solitario gol que clasificou ao Brasil para a seguinte fase. A continuación, Bebeto marcou nos cuartos de final contra Ghana e tamén nas semifinais, pero o equipo caeu eliminado ante Nixeria, mediante un gol de ouro de Kanu.
No partido polo terceiro posto contra Portugal, Bebeto conseguiu un triplete na segunda parte, que se sumou aos dous tantos de Ronaldinho e Flávio Conceição na primeira, vencendo así o equipo suramericano por 5-0 e recibindo a medalla de bronce.[83] Bebeto acabou o torneo como o máximo goleador, empatado a seis dianas co arxentino Hernán Crespo.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]En 1997 foi convocado por Zagallo para a primeira edición da Copa Confederacións da FIFA. Aínda que Romário e Ronaldo eran os dianteiros titulares, Bebeto participou en dous encontros do torneo, ante Australia e México, contribuíndo á conquista do título.
O seu bo rendemento co Botafogo en 1998, valeulle a convocatoria para a súa terceira Copa do Mundo, na edición celebrada en Francia. Aínda que a parella de dianteiros titular ía ser en principio a formada por Ronaldo e Romário, a baixa a última hora deste último deulle a titularidade a Bebeto, por diante de Edmundo. O futbolista baiano rematou a primeira fase como o máximo goleador do Brasil, despois de marcar ante Marrocos e Noruega. Continuou no once inicial en toda a segunda fase e marcou o seu terceiro gol na vitoria por 3-2 sobre Dinamarca nos cuartos de final, converténdose no futbolista brasileiro de máis idade en marcar nun Mundial, con 34 anos e 138 días.[84] Despois de vencer aos Países Baixos nas semifinais, o Brasil acadou a súa segunda final consecutiva, na que Bebeto volveu xogar de inicio. Con todo, desta vez o equipo suramericano acabou perdendo, despois de que Zidane e Petit colocaran o 3-0 definitivo no Stade de France.[85]
A final do Mundial foi o seu derradeiro partido coa selección, deixando como balance un total de 75 partidos e 39 goles.[86]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Bebeto foi presentado, o 16 de decembro de 2009, como novo adestrador do América Football Club brasileiro.[87][88] Tras non obter resultados positivos foi deposto do seu cargo o 13 de febreiro de 2010, cun total de tres vitorias, un empate e catro derrotas.[89]
Como político
[editar | editar a fonte]En 2010 presentouse como candidato a deputado polo Partido Democrático Trabalhista brasileiro, conseguindo 28.328 votos e un escano na Asemblea Lexislativa do Río de Xaneiro.[90][91] En 2014 presentouse co partido Solidariedade á reelección e obtivo máis do dobre de votos, un total de 61.082, revalidando así o seu escano para unha segunda lexislatura.
En 2015 votou a favor do polémico nomeamento de Domingos Brazão para o Tribunal de Contas do Estado do Río de Xaneiro.[92] En febreiro de 2017 votou contra a privatización da CEDAE.[93][94] En 2018 logrou a reelección para unha terceira lexislatura como deputado estatal. Catro anos despois, nas eleccións do 2 de outubro de 2022, fracasou no seu intento de ser reelixido para un cuarto mandato, presentándose aos comicios co nome de Bebeto Tetra.[95][96] Nas eleccións presidenciais celebradas ese mesmo día, deu o seu apoio a Lula da Silva, mentres que nas eleccións ao Senado Federal apoiou a André Ceciliano, membro tamén do PT e rival político do seu excompañeiro Romário.[97][98]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 13 de novembro de 1987 con Denise de Andrade, coa que namoraba dende os 19 anos, cando ela xogaba ao voleibol no Flamengo.[2][12] A parella tivo tres fillos, Roberto Newton "Bebeto Junior", Stéphannie e Mattheus, sendo este último tamén futbolista profesional.[99]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Club | Tempada | Campionato
nacional |
Campionato
estatal |
Copas
nacionais |
Competicións
internacionais |
Outros[N 1] | Total | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | ||
Vitória | 1982 | - | - | 1 | 1 | - | - | - | - | - | - | 1 | 1 |
Flamengo | 1983 | 2 | 0 | 3 | 1 | - | - | - | - | - | - | 5 | 1 |
1984 | 12 | 5 | 24 | 5 | - | - | 7 | 4 | - | - | 43 | 14 | |
1985 | 22 | 9 | 19 | 10 | - | - | - | - | - | - | 41 | 19 | |
1986 | 17 | 5 | 23 | 16 | - | - | - | - | - | - | 40 | 21 | |
1987 | 14 | 6 | 15 | 1 | - | - | - | - | - | - | 29 | 7 | |
1988 | 14 | 9 | 25 | 17 | - | - | 3 | 2 | - | - | 52 | 28 | |
1989 | - | - | 23 | 18 | - | - | - | - | - | - | 23 | 18 | |
Vasco da Gama | 1989 | 12 | 6 | - | - | - | - | - | - | - | - | 12 | 6 |
1990 | 8 | 1 | 19 | 9 | 1 | 0 | 5 | 1 | - | - | 33 | 11 | |
1991 | 8 | 3 | 30 | 18 | 2 | 0 | - | - | - | - | 40 | 21 | |
1992 | 25 | 18 | 5 | 3 | - | - | - | - | - | - | 30 | 21 | |
Deportivo da Coruña | 1992/93 | 37 | 29 | - | - | 1 | 0 | - | - | - | - | 38 | 29 |
1993/94 | 34 | 16 | - | - | 1 | 0 | 4 | 3 | - | - | 39 | 19 | |
1994/95 | 26 | 16 | - | - | 5 | 2 | 3 | 4 | - | - | 34 | 22 | |
1995/96 | 34 | 25 | - | - | 2 | 0 | 5 | 6 | - | - | 43 | 32 | |
Total club | 131 | 86 | 0 | 0 | 9 | 2 | 12 | 13 | 2 | 1 | 154 | 102 | |
Flamengo | 1992 | 16 | 7 | - | - | - | - | 4 | 0 | - | - | 20 | 7 |
Total club | 97 | 41 | 132 | 68 | 0 | 0 | 14 | 6 | 0 | 0 | 243 | 115 | |
Sevilla | 1996/97 | 5 | 0 | - | - | 1 | 0 | - | - | - | - | 6 | 0 |
Vitória | 1997 | 8 | 8 | 7 | 10 | 5 | 0 | - | - | - | - | 20 | 18 |
Cruzeiro | 1997 | - | - | - | - | - | - | 1 | 0 | - | - | 1 | 0 |
Botafogo | 1998 | 17 | 9 | 8 | 8 | 25 | 17 | ||||||
1999 | 7 | 3 | 5 | 7 | 12 | 10 | |||||||
Total club | 24 | 12 | 13 | 15 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 37 | 27 | |
Toros Neza | 1999 | 8 | 2 | - | - | - | - | - | - | - | - | 8 | 2 |
Kashima Antlers | 2000 | 8 | 1 | - | - | - | - | - | - | - | - | 8 | 1 |
Vitória | 2000 | 2 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | - | - | 3 | 0 |
Total club | 10 | 8 | 9 | 11 | 5 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 24 | 19 | |
Vasco da Gama | 2001 | 8 | 2 | - | - | - | - | - | - | - | - | 8 | 2 |
Total club | 61 | 30 | 54 | 30 | 3 | 0 | 5 | 1 | 0 | 0 | 123 | 61 | |
Al-Ittihad | 2002/03 | 5 | 1 | - | - | - | - | - | - | - | - | 5 | 1 |
Total carreira | 349 | 181 | 208 | 124 | 18 | 2 | 32 | 20 | 2 | 1 | 609 | 328 |
- ↑ Inclúe partidos de Supercopa de España.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Flamengo
- Campionato Brasileiro Série A (1): 1983.
- Campionato Carioca (1): 1986.
- Vasco da Gama
- Campionato Brasileiro (1): 1989.
- Deportivo da Coruña
- Copa do Rei (1): 1994–95.
- Supercopa de España (1): 1995.
- Vitória
- Campionato Baiano (1): 1997.
- Copa do Nordeste (1): 1997.
- Botafogo
- Torneo Rio-São Paulo (1): 1998.
- Selección nacional
- Copa do Mundo sub-20 (1): 1983.
- Xogos Panamericanos (1): 1987.
- Xogos Olímpicos: Medalla de prata en Seúl 1988 e de bronce en Atlanta 1996.
- Copa América (1): 1989.
- Copa do Mundo (1): 1994.
- Copa Confederacións (1): 1997.
- Individual
- Bola de Prata (1): 1992.
- Xogador Suramericano do Ano (1): 1989.
- Trofeo Pichichi (1): 1993.
- Máximo goleador do Campionato Brasileiro Série A (1): 1992.
- Máximo goleador do Campionato Carioca (2): 1988, 1989.
- Máximo goleador da Copa América (1): 1989.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Atkins, Christopher (2 de xuño de 2014). "Ranking Brazil's 20 Greatest Strikers of All Time" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 WIB&CAST (13 de setembro de 2022). BEBETO – Tetra Campeão Mundial na Copa de 1994 (Podcast) (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2023. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Vitória homenageia mãe de Bebeto, que faleceu na manhã de hoje" (en portugués). 16 de agosto de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 "Craque Imortal - Bebeto" (en portugués). 12 de xullo de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ Faria, Eric; Cavalieri, Rafael (5 de febreiro de 2012). "Orgulhoso, Bebeto comenta a estreia do filho: 'Foi melhor que a minha'" (en portugués). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Bebeto". flamengomtm.com.br (en portugués). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Santos 2-1 Flamengo". ogol.com.br (en portugués). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Com bênção de Bebeto, Goytacaz se reergue com metas ambiciosas" (en portugués). 13 de xullo de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Na partida entre Flamengo e Goytacaz, Bebeto marcou o primeiro gol como profissional" (en portugués). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Em 1984, Flamengo vence o Santos por 5 a 0, pela Libertadores da América" (en portugués). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Acidente que matou jogador do Flamengo e irmão de Bebeto completa 30 anos" (en portugués). 21 de decembro de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 "BEBETO, O ETERNO MENINO PRODÍGIO" (en portugués). 16 de febreiro de 2018. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ Machado, Pedro Felipe (25 de agosto de 2021). "A história de uma foto viral: há 35 anos, jovens Bebeto e Romário brilhavam na final do Carioca" (en portugués). Consultado o 3 de marzo de 2023.
- ↑ "Rio de Janeiro Championship 1986". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Inter 1x1 Flamengo (06/12/1987) - Final Brasileiro 1987 (ida)". ogol.com.br (en portugués). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "CBF opina: Flamengo merece ser chamado de hepta brasileiro". O Globo (en portugués). 25 de novembro de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Brasileirão de 1987 é do Sport? Título completa 35 anos e ainda gera polêmica" (en portugués). 8 de febreiro de 2023. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Rio de Janeiro Championship 1988". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Campionato Brasileiro de 1988". bolanaarea.com (en portugués). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ "Rio de Janeiro Championship 1989". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ Viana, Erick (17 de xaneiro de 2023). "Gabigol batendo à porta do Top 10: quem são os artilheiros do Flamengo" (en portugués). Consultado o 22 de febreiro de 2023.
- ↑ "17/09/1989 - Santos 1 x 2 Vasco - Campeonato Brasileiro". acervosantista.com.br (en portugués). Consultado o 22 de febreiro de 2023.
- ↑ "State Championship of Rio de Janeiro 1991". rsssfbrasil.com. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Bebeto confirmó su fichaje por el Dortmund". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de xullo de 1992. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ 25,0 25,1 "Los fichajes de Bebeto y Mauro Silva por el Deportivo" (en castelán). 29 de xullo de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Denise, esposa de Bebeto, impuso su criterio". El Ideal Gallego (en castelán). 11 de xullo de 1992. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Bebeto en el Deportivo: sí o no". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 1992. p. 50.
- ↑ Fuentes, Fran (7 de xullo de 2020). "Bebeto y Mauro Silva: 28 años de dos fichajes que cambiaron la historia moderna del Dépor" (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ CRTVG (16 de xullo de 1992). Presentación de Bebeto e Juanito, novas fichaxes do Deportivo para a temporada 1992-93 (Youtube).
- ↑ "Bebeto certificó con tres goles la debacle del Lugo: 0-6". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 1992. p. 47.
- ↑ "Lucas Pérez iguala la cifra histórica de Bebeto". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de decembro de 2015. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Primera División 1992/1993 » Máximos goleadores". livefutbol.com (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "Aalborg, un viejo conocido del Deportivo que trae buenos recuerdos a Riazor" (en castelán). 19 de decembro de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2021.
- ↑ Rodriguez Cudeiro, Juan Luis (18 de febreiro de 2009). "Cuando el deportivismo cruzó Europa en coche". El País (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ "RC Deportivo La Coruña 1993-94" (en inglés). UEFA. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ 36,0 36,1 "El histórico y fatídico penalti de Djukic cumple 25 años". Marca (en castelán). 14 de maio de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2023.
- ↑ Aguiar, Iván (15 de abril de 2014). "El día de la crueldad alemana" (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "El Apoel saca brillo al Deportivo" (en castelán). 29 de setembro de 1995. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "El pistolero más rápido de la Liga" (en castelán). 23 de decembro de 2021. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Núñez, Alfonso (18 de xaneiro de 2019). "El Albacete y la tarde más mágica de Bebeto (VÍDEO)" (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Gran partido del Deportivo que goleó al Melilla (9-1)". La Noche (en castelán) (13756). p. 6. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "El sueño europeo del Deportivo se desvaneció en París". La Región (en castelán). 19 de abril de 1996. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "El último minuto destroza al Deportivo". El País (en castelán). 5 de abril de 1996. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Hermida, Xosé (2 de maio de 1996). "El Deportivo y el Flamengo cierran el traspaso de Bebeto". El País (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Listado de jugadores del Deportivo de La Coruña". BDFutbol (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Em 1996, Internacional vence o Flamengo na estreia da dupla Romário e Bebeto" (en portugués). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Correal, Francisco (12 de novembro de 1996). "Bebeto ya es jugador del Sevilla". El País (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "El Sevilla traspasa a Bebeto al Vitoria". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xaneiro de 1997. p. 49.
- ↑ Filho, Milton (7 de marzo de 2022). "A ‘amarelada’ reestreia de Bebeto pelo Vitória" (en portugués). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ 50,0 50,1 50,2 50,3 50,4 50,5 "A volta de Bebeto ao Vitória em 1997" (en portugués). 16 de setembro de 2015. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Santa Cruz 3-4 Vitória". ogol.com.br (en portugués). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Baú do Leão - EC Vitória (27 de xullo de 2022). TVE: Bahia 2x4 Vitória - Campeonato Baiano 1997. Final do 1º Turno - ida (YouTube) (en portugués). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "El fichaje de Bebeto se confirmó anoche". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 1997. p. 55.
- ↑ "Bebeto anuncia su vuelta". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 1997. p. 51.
- ↑ Clemente Simon, Jeremias (16 de outubro de 1997). "Lendoiro no acepta las condiciones de Bebeto". El País (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Bebeto vuelve a casa". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de novembro de 1997. p. 58.
- ↑ "Bebeto e Donizete disputam Mundial pelo Cruzeiro". Folha de S. Paulo (en portugués). 11 de novembro de 1997. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Toyota Cup 1997". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "TORNEIO RIO-SÃO PAULO 1998". bolanaarea.com (en portugués). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "VÍDEO: Bebeto revela maior decepção da carreira: 'Copa do Brasil en 1999 pelo Botafogo'" (en portugués). 18 de maio de 2022. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ 61,0 61,1 "Bebeto ficha por el Toros Neza mexicano". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 1999. p. 56.
- ↑ 62,0 62,1 "Bebeto en Toros Neza: el fracaso de un campeón" (en castelán). 16 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ 63,0 63,1 63,2 "El día que Bebeto hizo soñar a toda Neza" (en castelán). 16 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Jugadores del Neza, con Bebeto" (en castelán). 10 de nov. de 1999. Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Guzmán Torres, Jorge (9 de novembro de 1999). "Bebeto se va; se arrepintió de venir a Neza" (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2023.
- ↑ "Bebeto no quiere volver a México tras ser amenazado e injuriado gravemente por el presidente del Toros Neza". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de decembro de 1999. p. 54.
- ↑ "Kawasaki Frontale 0-1 Kashima Antlers". league.or.jp (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2023.
- ↑ "Bebeto está de volta ao Vitória para disputar a João Havelange". Folha de S. Paulo (en portugués). 30 de xullo de 2000. Consultado o 28 de febreiro de 2023.
- ↑ Rangel, Sérgio (16 de setembro de 2001). "Sob pressão, Bebeto e Romário revivem dupla do tetra no Vasco". Folha de S. Paulo (en portugués). Consultado o 1 de marzo de 2023.
- ↑ "Bebeto vuelve junto a Romario en el Vasco". El País (en castelán). 5 de agosto de 2001. Consultado o 2 de marzo de 2023.
- ↑ "Bebeto ficha por el Al-Ittihad de Arabia Saudí" (en castelán). 4 de setembro de 2002. Consultado o 2 de marzo de 2023.
- ↑ Centeno, Alexandre (5 de setembro de 2002). "Bebeto firma el contrato de su vida con un equipo de Arabia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2023.
- ↑ "Bebeto despedido" (en portugués). 26 de novembro de 2002. Consultado o 2 de marzo de 2023.
- ↑ "XI Sudamericano Juvenil 1983 (Bolivia)". rsssf.org (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2023.
- ↑ "Campeonato Mundial Juvenil de la FIFA México 1983™". FIFA (en castelán). Geovani Silva. Consultado o 2 de marzo de 2023.
- ↑ "Campionato Mundial sub-20 de 1983" (PDF). FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2023.
- ↑ "Seleção Brasileira (Brazilian National Team) 1985-1987". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2023.
- ↑ "Romário, puro arte en los Juegos Olímpicos de Seúl 1988" (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ 79,0 79,1 79,2 79,3 79,4 79,5 79,6 79,7 "Romário y Bebeto, la rivalidad y amistad del «Dúo Diabólico»" (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ "El icónico festejo de Bebeto 'arrullando' a su hijo cumple 25 años" (en castelán). 9 de xullo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ "Bebeto ya es abuelo: el inspirador del festejo más famoso del mundo fue papá a 26 años del Mundial de EE.UU." (en castelán). 3 de decembro de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ "La intrahistoria de la celebración de Bebeto acunando a un recién nacido en el Mundial del 94: ese niño ahora es jugador" (en castelán). 17 de novembro de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ "Bebeto, Brazil bash Portugal for bronze" (en inglés). 3 de agosto de 1996. Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ "Thiago Silva se torna o 2º mais velho a marcar pelo Brasil em Copas; veja quem é o 'vovô'". ESPN (en portugués). 27 de xuño de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ Segurola, Santiago (12 de xullo de 1998). "Francia hace historia". El País (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ "José Roberto Gama de Oliveira "Bebeto" - Goals in International Matches". rsssf.org (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ "El ex atacante Bebeto asumirá como técnico del club América de Río de Janeiro". elEconomista.es (en castelán). 16 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 5 de outubro de 2021.
- ↑ "Bebeto debutó con victoria como entrenador". El Universo (en castelán). 9 de xaneiro de 2010. Consultado o 5 de outubro de 2021.
- ↑ ""Romario despide a Bebeto como técnico del América de Río"". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2010. Consultado o 25 de abril de 2010.
- ↑ Bebeto salta a la política Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 16/8/2010
- ↑ Tavares, Eduardo (30 de xullo de 2011). "Bebeto adota jeitão discreto na política em vez do estilo popstar de Romário" (en portugués). Consultado o 6 de marzo de 2023.
- ↑ "Conselheiro vapt-vupt: veja quem votou em Brazão para o TCE" (en portugués). 29 de abril de 2015. Consultado o 5 de marzo de 2023.
- ↑ "Privatização da Cedae é aprovada na Alerj" (en portugués). 20 de febreiro de 2017. Consultado o 6 de marzo de 2023.
- ↑ "Saiba como votou cada deputado sobre a privatização da Cedae e veja opiniões" (en portugués). 20 de febreiro de 2017. Consultado o 6 de marzo de 2023.
- ↑ [6 de marzo de 2023 "BEBETO TETRA"]
|url=
incorrecto (Axuda). divulgacandcontas.tse.jus.br (en portugués). Consultado o 6 de marzo de 2023. - ↑ "Romário, Joel Santana e Bebeto: o resultado dos candidatos do futebol" (en portugués). 3 de outubro de 2022. Consultado o 6 de marzo de 2023.
- ↑ Amado, Guilherme; Ghirotto, Edoardo (30 de abril de 2022). "Bebeto provoca Romário e faz vídeo de apoio a adversário petista no RJ" (en portugués). Consultado o 6 de marzo de 2023.
- ↑ Moura, Athos (21 de outubro de 2022). "Bebeto e Romário, juntos no campo e separados na política" (en portugués). Consultado o 6 de marzo de 2023.
- ↑ Candal, Rocío (8 de marzo de 2016). "Mattheus, el hijo de Bebeto, se hace mayor" (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bebeto |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Fernández, Santiago Ángel (1995). Bebeto. La samba del gol. Estrellas de Primera. Bengala. p. 62. ISBN 84-7880-563-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1964
- Nados en Salvador, Baía
- Futbolistas olímpicos do Brasil
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do EC Vitória
- Xogadores do Flamengo
- Xogadores do Vasco da Gama
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Cruzeiro EC
- Xogadores do Botafogo
- Xogadores do Kashima Antlers FC
- Xogadores do Al-Ittihad
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Adestradores de fútbol do Brasil
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas olímpicos de prata polo Brasil
- Medallistas olímpicos de bronce polo Brasil
- Políticos do Brasil
- Gañadores do Trofeo Pichichi
- Futbolistas gañadores do Mundial
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1990
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1994
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998
- Futbolistas gañadores da Copa América