Providence, Rhode Island
| Providence (en) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Rhode Island | ||||
| County of Rhode Island (en) | condado de Providence (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 190.934 (2020) | ||||
| Número de fogares | 64.190 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Providence metropolitan area (en) Providence–Warwick metropolitan NECTA (en) | ||||
| Superficie | 53,273967 km² | ||||
| Auga | 10,5416 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Bañado por | Seekonk River (en) | ||||
| Altitude | 23 m | ||||
| Datos históricos | |||||
| Fundador | Roger Williams | ||||
| Creación | 1636 | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Providence, Rhode Island (en) | Brett Smiley (2023–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 02901, 02902, 02903, 02904, 02905, 02906, 02907, 02908, 02909, 02912, 02918 e 02940 | ||||
| Prefixo telefónico | 401 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | providenceri.gov | ||||
Providence é a capital e a cidade máis grande do estado de Rhode Island, nos Estados Unidos, e unha das primeiras cidades en ser fundadas nese país.[1] Situada no condado de Providence, a cidade é a segunda máis grande de Nova Inglaterra. A poboación de Providence en 2010 era de 178 042 habitantes, mentres que a da súa área metropolitana era de 1 600 856 habitantes.
Antigamente levaba o sobrenome da «Colmea da industria», e comezou a promocionarse como «a Capital Creativa» no 2009 para facer énfase nos seus recursos educativos e na súa comunidade artística.
Historia
[editar | editar a fonte]
Providence foi fundada en 1636 por Roger Williams co nome de "Providence" (Providencia, en nome da guía e coidado de Deus), como refuxio para os disidentes relixiosos perseguidos. Está situada nun territorio que estaba baixo o dominio dos indios Narragansett, coñecido como "Baía Narragansett". Con todo, moitas partes de Providence foron queimadas durante un conflito entre os colonizadores ingleses e os indíxenas, a guerra do rei Philip entre 1675 e 1676.
Durante o cuarto século seguinte, o crecemento de Providence foi lento (1.446 habitantes en 1708), pero en 1730 había 3.916 habitantes. Nesta época, Providence converteuse nunha cidade de pesca e comercio marítimo. Logo da guerra da Independencia dos Estados Unidos, a economía chegou a outorgar máis importancia á manufactura.
Providence foi oficialmente establecida como unha cidade en 1831, e foi designada como unha das capitais de Rhode Island (xunto con Newport) en 1854, e en 1900 fíxose a capital exclusiva do estado.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Segundo a Oficina do Censo, a cidade ten unha área total de 112,7 quilómetros cadrados (43,5 mi²), da cal 99,7 quilómetros cadrados (38,5 mi²) é terra e 5,4 quilómetros cadrados (2,1 mi²) (o 10%) é auga.
Providence está fundada sobre sete outeiros.[2] As mais prominentes son: Constitution Hill (preto do centro), College Hill (ao leste do río Providence), e Federal Hill (ao oeste do centro). As outras catro son Tockwotten Hill, Smith Hill, Christian Hill e Weybosset Hill.
Educación
[editar | editar a fonte]O Distrito de Escolas Públicas de Providence (PPSD) xestiona as escolas públicas.
Universidades
[editar | editar a fonte]- Universidade Brown, universidade da Ivy League
- Universidade de Johnson e Wales, notado polo seu programas culinarios
- Providence College
- Rhode Island College
- Escola de Deseño de Rhode Island, recoñecida como unha das mellores escolas de arte do país
- Universidade de Rhode Island (O campus de Providence)
- Universidade Comunidade de Rhode Island (Os campus de Liston e Downcity)
Cultura
[editar | editar a fonte]Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Providence: Introduction" (en inglés).
- ↑ "Providence, Rhode Island: New England's coolest city". The Daily Telegraph (en inglés).
