Abelardo Gutiérrez Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAbelardo Gutiérrez Alba
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Vilarello, España Editar o valor em Wikidata
Morte1978 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , guerrilleiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiConsuelo Alba Digón Editar o valor em Wikidata
IrmánsBaldomero Gutiérrez Alba, Jovino Gutiérrez Alba, Florinda Gutiérrez Alba e Domitila Gutiérrez Alba Editar o valor em Wikidata

Abelardo Gutiérrez Alba, nado en San Miguel (Vilarello, Cervantes) o 25 de febreiro de 1912 e finado en Venezuela en 1978, foi un xastre e guerrilleiro anarquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da CNT e da FAI, traballou como xastre e antes da guerra civil española estivo un tempo en Barcelona. A raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu pai Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado, e Abelardo botouse ao monte cos seus irmáns Baldomero e Jovino. Mantivo contacto con guerrilleiros como Antonio Ulloa Regueiro, Siro Fernández ou Antonio Fernández, e estivo na fronte de Asturias.

Polo menos desde 1939 dirixiu unha partida con Marcelino de la Parra e Manuel Girón Bazán, reforzada con membros da partida de David Fuentes. En 1942 asistiu á reunión que deu pé á Federación de Guerrillas de Galicia-León, celebrada preto de Ponferrada, e integrouse na guerrilla lucense. En 1944 acompañou a Marcelino Fernández Villanueva, xefe do Estado Maior da Federación, Abel Ares Pérez e César Ríos a Lugo para establecer contactos con outros grupos e contrarrestar a influencia dos comunistas. Desde 1945 foi, xunto a Antonio Fernández Crespo, vicecomandante da Federación, comandada por Manuel Castro Tellado, e tivo que retirarse a área de actividade do sueste de Lugo. En 1945 foi procesado polo Xulgado Militar Eventual número 4 de Lugo (Especial de Atracos) na causa 180/45 por agresión a forza pública cos seus irmáns Jovino e Domitila Gutiérrez Alba e Consuelo Alba Digón.[1] En 1947, mediante unha rede de evasión da CNT en Euskadi, pasou a Francia cos seus dous irmáns. En decembro de 1947 apareceu na prensa unha requisitoria demandando a súa presentación no Xulgado Militar eventual nº 1 de Lugo pola causa 215/46.[2] Volveu ser procesado na causa 522/47 e foi novamente reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo en febreiro de 1948.[3] Regresou a España de forma clandestina en 1948 para axudar ao resto da familia a pasar a Francia, e despois exiliouse en Venezuela. Regresou a España tras a morte de Francisco Franco, e morreu cando preparaba o retorno definitivo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Requisitorias", La Voz de Galicia, 6-7-1945, p. 3.
  2. El Progreso, 27-12-1946, p. 2.
  3. El Progreso, 29-2-1948, p. 2,

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]