David Fuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
David Fuentes
Alcume Velasco
Nacemento 1919
  A Veiga de Valcarce
Falecemento 17 de abril de 1941
  Valboa
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

David Fuentes Álvarez, Velasco, nado na Veiga de Valcarce en 1919 e finado en Valboa o 17 de abril de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante socialista. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte e foi xefe dun grupo de sete homes do que formaron parte Francisco Fernández Gómez, Manuel Fernández Aira, Antonio Fernández Crespo, os irmáns Pedro e Gerardo Lamas Cerezales, e Jesus Aira, que actuaron nos montes de Valboa e O Cebreiro. Atribúenlle varios ataques nas aldeas de Castelo de Frades e Cereixedo (Cervantes) en 1940. Supostamente este grupo atacou varios vehículos militares e autobuses de liña regular e o 4 de maio de 1940 executou tres xuíces de Valboa e un dos seus pais, en represalia pola morte do seu amigo Francisco Quiroga. En represalia polas súas accións, o seu pai e unha irmá de súa nai foron deportados polas autoridades. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Valverde (Valboa) o 17 de abril de 1941, con José Mauriz Álvarez; o seu cadáver foi arrastrado por un cabalo desbocado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]