Domitila Gutiérrez Alba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 (98/99 anos) Vilarello, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Familia | |
Nai | Consuelo Alba Digón |
Irmáns | Abelardo Gutiérrez Alba, Jovino Gutiérrez Alba, Baldomero Gutiérrez Alba e Florinda Gutiérrez Alba |
Domitila Gutiérrez Alba, nada en Vilarello (Cervantes) en 1926, foi unha guerrilleira antifascista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu pai Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado. Domitila incorporouse á partida do seu irmán Abelardo, xunto cos outros irmáns Baldomero e Jovino. Foi detida en novembro de 1939 coa súa nai Consuelo Alba Digón e a súa irmá Florinda Gutiérrez Alba e ingresou no Campo de concentración de Figueres. En 1945 foi procesada cos seus irmáns Abelardo e Jovino e a súa nai Consuelo no sumario 180/1945 polo delito de agresión a forza pública, facéndose requisitoria para que se presentara.[1] En decembro de 1947 apareceu na prensa unha requisitoria demandando a súa presentación no Xulgado Militar eventual nº 1 de Lugo pola causa 215/46.[2] Estivo tres anos agochada, despois refuxiouse oito meses no convento de Cristo Rei de Viveiro con outra identidade, simulando que ía estudar para escapar da represión.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 6-7-1945, p. 3.
- ↑ El Progreso, 27-12-1946, p. 2.
- ↑ Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega. Frank & Timme. 2014. p. 51. ISBN 978-3-7329-0095-4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2011). Mulleres na guerrilla antifranquista galega. A Coruña: Laiovento. pp. 162–165. ISBN 978-84-8487-211-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en Nomes e Voces Arquivado 18 de agosto de 2021 en Wayback Machine.
- Ficha en Represión franquista en Lugo