Abel Ares Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1909 ![]() Toural dos Vaos, España ![]() |
Morte | 12 de setembro de 1998 ![]() Toural dos Vaos, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Participou en | |
24 de abril de 1942 | Congreso de Ferradillo ![]() |
![]() |
Abel Ares Pérez, nado en Toural dos Vaos o 29 de marzo de 1909 e finado na mesma vila o 12 de setembro de 1998, foi un guerrilleiro antifranquista berciano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante socialista, participou na folga xeral revolucionaria de 1934 e pasou un tempo na cadea. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa de Fabeiro e combateu co exército republicano na fronte de Asturias, chegando ao grao de tenente. Tras a caída de Asturias volveu ao seu lugar natal, pasou varios meses agochado nun burato nos arredores de Toural dos Vaos, e posteriormente organizou unha partida guerrilleira que actuou no Bierzo occidental. En 1942 foi un dos dirixentes guerrilleiros que constituíron a Federación de Guerrillas de León-Galicia, Abel permaneceu como axudante de César Ríos quen estaba ao mando da I Agrupación. En decembro de 1948 decidiu marchar a Francia ao considerar que non había opción para o triunfo dos guerrilleiros. En Francia traballou como albanel e en 1992 volveu ao Bierzo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Máiz, Bernardo (1988): Galicia na II República e baixo o franquismo. Ed. Xerais.
- Macías, Santiago (2005): El monte o la muerte. Temas de Hoy.