Manuel Girón Bazán
Manuel Girón Bazán | |
---|---|
Alcume | Girón |
Nacemento | 1919 |
O Bierzo | |
Falecemento | 2 de maio de 1951 |
Molinaseca | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
Irmáns | José Girón Bazán |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Girón Bazán, alcumado Girón, nado en Barrios de Salas (O Bierzo) en 1919 e falecido en Molinaseca (León) o 2 de maio de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista. Actuou principalmente en León e oriente de Galiza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De familia campesiña e el mesmo campesiño. Despois de loitar durante a guerra civil, na fronte de Asturias, como outros, integrouse nas partidas de fuxidos xunto co seu irmán José. Acabarían por refuxiarse na serra Calva, nos límites entre a rexión leonesa e Galiza. Xefe de partida, a súa actuaría nos concellos ourensáns do Bolo, A Veiga, Carballeda de Valdeorras e Viana do Bolo, e tamén na comarca zamorana de Sanabria.
En 1949 abandonaría esa zona, para actuar con maior intensidade nas comarcas leonesas da Cabreira e O Bierzo, que non deixaría de visitar anteriormente. Vítima dunha emboscada, foi morto en Molinaseca.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Hartmut Heine, A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo, 1980.
- Santiago Macías, El monte o la muerte. Madrid, 2005.