Mosteiro de Santa María de Oseira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mosteiro de Oseira")

Coordenadas: 42°32′18.46″N 07°57′4.37″W / 42.5384611°N 7.9512139°W / 42.5384611; -7.9512139

Imaxe do conxunto

O Mosteiro de Oseira é un mosteiro medieval de fundación bieita que ao longo da súa historia tivo unha grande importancia económica e social para a comarca e terras máis afastadas.

Índice

Situación[editar]

Sitúase na parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea, provincia de Ourense.

Historia[editar]

Detalle do interior do Mosteiro de Oseira.

Coñécese da súa existencia desde 1137, pero aos poucos anos converteuse nun mosteiro dependente da Orde do Císter e no ano 1141 estableceuse unha colonia de monxes franceses enviados por San Bernardo.

No ano 1835 como consecuencia da desamortización de Mendizábal os freires deixaron o convento, que quedou totalmente abandonado propiciando o espolio do lugar, os monxes volveron de novo en 1929 comezando a súa reconstrución.

Descrición[editar]

A igrexa abacial, foi construída entre os anos 1200 e 1239 aproximadamente e é considerada unha das obras cume da arquitectura cisterciense da Península Ibérica, cun característico estilo románico oxival, e está claramente influenciada polas igrexas de peregrinación. A sala capitular do mosteiro data de fins do século XV e está sustentada por catro columnas centrais de fustes torsos rematando nunha orixinal bóveda.

No antigo refectorio do Mosteiro pode visitarse o Lapidarium ou Museo da Pedra, unha colección de obxectos e restos de pedra obtidos durante as restauracións feitas no Mosteiro e as escavacións arqueolóxicas: lápidas, capiteis, columnas, elementos decorativos, etc.

Galería de imaxes[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]