Paulino Pedret
Paulino Pedret Casado, nado en Santiago de Compostela o 20 de agosto de 1899 e finado o 26 de maio de 1969, foi un sacerdote e escritor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Emilio Pedret Tost e Sofía Casado Reinosa. Ingresou en 1909 no Instituto de Santiago para facer o Bacharelato, estudando ao mesmo tempo no Seminario. En 1922 foi ordenado presbítero en Tui. Antes de ordenarse sacerdote rematou os estudos de Dereito, obtendo a licenciatura en 1921, e o doutorado en 1923. Tamén conseguiu a licenciatura en Ciencias Históricas en 1929.
En 1923 consegue unha praza de Capelán castrense. En 1928 regresou a Compostela e foi nomeado profesor axudante da Facultade de Dereito
Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.
Obras [editar]
- La Evolución de la enseñanza del derecho canónico en España, 1946.
- José Andrés Cornide y la Galicia del s XVIII, 1948.