Manuel Ferreiro Panadeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Ferreiro Panadeiro
Nacemento24 de xuño de 1903
Lugar de nacementoLudeiro
Falecemento27 de agosto de 1936
Lugar de falecementoPontevedra
SoterradoSoutolongo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Ferreiro Panadeiro, nado en Ludeiro (Soutolongo, Lalín) o 24 de xuño de 1903 e finado en Pontevedra o 27 de agosto de 1936, foi un político republicano galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Manuel Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán

Estudou no seminario de Lugo e con 20 anos trasladouse a Madrid, onde obtivo o título de Bacharelato universitario e comezou a carreira de Dereito. En Madrid entrou en contacto co movemento democrático e participou na oposición á ditadura de Primo de Rivera.

En 1930 retornou a Lalín e creou, xunto con outros mozos como Marcelino García, o Centro Republicano de Lalín e o periódico Atrás. Coa proclamación da Segunda República converteuse no primeiro alcalde lalinense elixido democraticamente. Foi tamén nomeado deputado provincial. A súa principal contribución como alcalde centrouse na educación (exemplo disto é a concesión dunha bolsa de estudos a Laxeiro). Logo da vitoria das dereitas nas eleccións de novembro de 1933, o gobernador civil Víctor Manuel Becerra Herráiz ordenou varias inspección ao concello para destituílo. Como mostra de desagravio, un grupo de amigos e colaboradores organizou unha homenaxe popular o 11 de febreiro de 1934.[1] Finalmente foi cesado polo gobernador civil Diego Fernández Gómez o 8 de agosto de 1934. Co triunfo do Frente Popular foi reposto como alcalde o 21 de febreiro de 1936. Un enfrontamento entre os concelleiros republicanos fixo que fose cesado polo Gobernador civil en abril. A nova Comisión xestora nomeouno secretario do concello.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse en Santiago de Compostela, pero foi localizado e detido a principios de agosto. Xulgado en consello de guerra o 21 de agosto, foi condenado á pena de morte. Foi executado na estrada de Campañó o 27 de agosto.

Camposanto de Soutolongo


Predecesor:
Bernardo Madriñán González
 
Alcalde de Lalín
 
1931 - 1934
Sucesor:
Ricardo López Varela
Predecesor:
Domingo Palmaz Brandido
 
Alcalde de Lalín
 
1936
Sucesor:
Xesús Golmar Rodríguez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Igrexas, Manuel: "Homenaxe ao Alcalde Ferreiro" Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (26/8/2012) en Historias de Deza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]