Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca da Terra de Trives
A comarca de Terra de Trives é unha das comarcas galegas, está situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa poboación é de 5.473 veciños (2006) e unha extensión de 431.71 quilómetros cadrados.
No ano 2006, a comarca posuía 5.473 habitantes, o que supón tan só o 0.20% da poboación total galega nese ano. Este é unha proba da súa pouca poboación. A densidade é de 12 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.
A comarca ten catro concellos: Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. Sendo a capital A Pobra de Trives.
A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1750 metros. A extensión é de 431.71 quilómetros cadrados. Un 1.46% da superficie total de Galicia.
O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero m a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda da moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Trives
-
-
Concellos de Terra de Trives