Castiñeiro de Pumbariños
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O castiñeiro de Pumbariños é a arbore de maior perímetro de Galiza (12,15 m) e acada arredor dos 500 anos. Está situado no Souto de Rozavales, no lugar de Rozavales da parroquia de San Martiño de Manzaneda, en Manzaneda.
Foi declarado Monumento Natural pola Xunta de Galiza no ano 1995, ampliándose a declaración a todo o Souto de Rozavales no ano 2000.