Conversa:Manzaneda

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Este municipio non debería chamarse Maceda en galego e oficialmente? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.59.17.151 (conversacontribucións) 14:22, 16 de novembro de 2012‎

Untitled[editar a fonte]

O nome oficial deste concello é Manzaneda, o concello de Maceda tamén está na provincia de Ourense pero non é este. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:12, 18 de novembro de 2012 (UTC)
Xa sei que Maceda de Limia é outro concello. Eu ao que me refiro é que da mesma forma que outros topónimos, como pode ser o caso de Londres ou Xetafe, aparecen en galego na Galipedia, non sei por que aparece este topónimo en castelán (en galego non existe a palabra "manzaneda", é unha palabra do castelán que traducida ó galego é "maceda", pode consultarse no dicionario da RAG). Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.59.17.151 (conversacontribucións) 16:26, 18 de novembro de 2012‎
Segundo o Nomenclátor da Xunta e a web do propio concello o nome oficial en galego é Manzaneda. Sería moi interesante investigar a etimoloxía deste nome, a ver se co tempo alguén se anima a ampliar iso no artigo. Se te animas ti sería unha boa achega para a Galipedia ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:51, 18 de novembro de 2012 (UTC)
O nomenclátor manda. Non vexo en que parte do dicionario da RAG pode consultarse, ip. Se non ando enganado, non figura. --Atobar (conversa comigo) 00:01, 20 de novembro de 2012 (UTC)
Tes razón, trabuqueime, no dicionario oficial non aparece. Mais hai documentos antigos da propia RAG onde se recolle "Manzaneda" como forma alternativa a "Maceda": http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do;jsessionid=70AD8F4CC880C499EB42C26D0252469A?id=2525&d-447263-p=7 Concretamente no documento que ligo chámaselle "Manzaneda de Limia" ao actual concello de Maceda de Limia (no pé de páxina aclarase), estrapolando isto parece obvio que Manzaneda de Trives non ten o topónimo que debería ter.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.59.6.80 (conversacontribucións) 5 de decembro de 2012 ás 22:39