Gianni Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gianni Rivera
Nome completo: Giovanni Rivera
Alcume: il golden boy, Abatino
Data de nacemento: 18 de agosto de 1943
Lugar de nacemento: Alessandria, Italia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Italia
Club actual: retirado
Posición: Mediocampista
Altura: 1,90 metros
Partidos internacionais: 60
Goles: 14 (selección)
Ano do debut: 1959
Club do debut: Alessandria
Ano do retiro: 1979
Club do retiro: AC Milan

Giovanni (Gianni) Rivera (nado o 18 de agosto de 1943 en Alessandria) é un ex-futbolista italiano, gañador do Balón de Ouro en 1969. O seu alcume era il golden boy (o rapaz de ouro) do fútbol italiano.

Debutou na Serie A co Alessandria nun encontro contra o [Internazionale Milano F.C.|Inter de Milán]], o 2 de xuño de 1959, á idade de 15 anos. Ficaría pouco tempo neste club, xa que axiña o AC Milan se interesou polos seus servizos e fichouno cando tan só contaba con 16 anos, 26 encontros na Serie A e 6 goles anotados.

En 1962 gaña o seu primeiro scudetto con Ac Milan e o 13 de maio de 1962 xoga o seu primeiro encontro coa selección italiana contra a Alemaña no mundial de Chile en 1962.

A vitoria na liga fai que o AC Milan xogue a Copa de Europa de 1963, na que rematarían como campións, tras vencer ao Benfica por 3-1. Rivera é galardoado co segundo posto no Balón de Ouro (Balón de Prata) só por detrás do porteiro soviético Lev Yashin.

En 1968, Rivera gaña co AC Milan o título de liga e a Recopa. Coa selección italiana vence na Eurocopa de Fútbol 1968. Ao ano seguinte faríase coa Copa de Europa e por fin lle é concedido o Balón de Ouro.

Tamén participou coa selección italiana nos mundiais de 1970 e 1974 ficando subcampión no primeiro deles.

Gaña o seu derradeiro scudetto en 1979, ano no que se retira do fútbol. En total. xogou 501 encontros co AC Milan, anotando 160 goles.

Tralo seu retiro, Rivera entrou na vida política italiana, e converteuse nun dos membros do Parlamento Italiano.

Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos


Títulos gañados[editar | editar a fonte]

  • 4 Copa Italianas (1967, 1972, 1973, 1977)
  • 3 Ligas italianas (1962, 1968, 1979)
  • 2 Recopa de Europa (1968, 1973)
  • 2 Copas de Europa (1963, 1969)
  • 1 Balón de Ouro (1969)
  • 1 Balón de Prata (1963)
  • 1 Subcampionato do mundo de seleccións (1970)
  • 1 Máximo anotador da liga italiana (1973)
  • 1 Copa Intercontinental (1969)
  • 1 Eurocopa de seleccións (1968)