Ruud Gullit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruud Gullit
Nome completo: Ruud Dil Gullit
Alcume: '
Data de nacemento: 1 de setembro de 1962
Lugar de nacemento: Ámsterdan, Países Baixos
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Flag of the Netherlands.svg
Club actual: retirado
Posición: Mediocampista, Dianteiro, Líbero
Altura: metros
Partidos internacionais: 66
Goles: 16 (selección)
Ano do debut: 1978
Club do debut: Haarlem
Ano do retiro: 1998
Club do retiro: Chelsea


Ruud Gullit (á dereita) en compaña de Cobi Jones

Ruud Gullit, nado en Ámsterdan o 1 de setembro de 1962, é un ex-futbolista e adestrador neerlandés. Recibíu o premio ao mellor xogador europeo, o Balón de Ouro en 1987, e o World Soccer - mellor xogador europeo en 1987 e 1989. Foi un xogador moi versátil, ocupando diversas demarcacións ó longo da súa carreira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gullit naceu nunha familia proccedente de Suriname. O seu primeiro club, aínda sendo un neno, foi o Meerboys polo que fichou en 1970. O seu primeiro contrato profesional consegíuno en 1978, co HFC Haarlem. Xogaría 91 encontros de liga e anotaría 32 goles.

En 1982, marcha ao Feyenoord e pouco despois, en 1985 ó PSV Eindhoven , co que chegou a anotar 46 goles en 68 encontros.

Silvio Berlusconi ficha a Gullit para o A.C. Milan en 1987 por unha cantidade récord de 7,7 millóns de euros. Alí xuntouse con dous compatriotas seus: Marco van Basten e Frank Rijkaard. Xunto coas estrelas locais Paolo Maldini e Franco Baresi formaron un equipo de lenda. entre os anos 1988 e 1992 o Milan gaña tres veces a Serie A e dúas Copas de Europa, en 1989 e 1990.

Gaña tamén o Balón de Ouro en 1987 e adícallo a Nelson Mandela.

Despois do seu retiro do fútbol internacional no ano 1993, Gullit ficha pola Sampdoria e conseguen gaña-la Copa de Italia de Fútbol. Voltou brevemente ao Milan 1994 pero antes do final da temapa xa estaba de novo na Sampdoria.

En xullo de 1995 marcha ao Chelsea F.C., onde remataría a súa carreira de xogador.

Selección[editar | editar a fonte]

En 1981 Gullit xoga o seu primeiro encontro internacional coa Holanda contra Suíza Foi un dos xogadores fundamentais na vitoria da Holanda na Eurocopa de Fútbol 1988, o único título de seleccións a nivel absoluto que conseguíu este país.

Gullit retirouse do fútbol internacional en 1994, pouco antes do mundial.

Adestrador[editar | editar a fonte]

No verán de 1996 Gullit en nomeado adestrador-xogador do Chelsea, e nesa tempada levaría ao clube a gaña-la FA Cup, o primeiro titulo en 26 anos. Foi o primeiro adestrador non-británico en consegui-lo trofeo. Rematarían en sexto posto na liga dese ano.

Na seguinte tempada, co Chelsea en segundo posto na liga é despedido por un suposto desencontro económico coa directiva.

En 1998 é nomeado adestrador do Newcastle United F.C., e no primeiro ano xa conseguen chegar á final da FA Cup. Ao ano seguinte os pobres resultados na liga e as malas relacións co goleador Alan Shearer e o capitán Robert Lee remataron con Gullit de novo fora da escadra.

Despois do Fútbol[editar | editar a fonte]

Na actualidade traballa coma analista da Eredivisie e da Liga de Campións da UEFA en varias cadeas de televisión.

Persoal[editar | editar a fonte]

Gullit casou tres veces e ten seis fillos:

  • Yvonne de Vries - 1984 a 1991: Felicity e Charmayne.
  • Cristina Pensa - 1994 a maio 2000: Quincy e Sheyenne.
  • Estelle Cruijff - 3 de xuño de 2000: arestora: Maxim e Joëlle. Estelle é sobriña de Johan Cruyff.

Títulos[editar | editar a fonte]

Selección

Club

Individual

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]