Giuseppe Meazza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuseppe Meazza
Información persoal
Nacemento 23 de agosto de 1910
Lugar de nacemento Milán
Falecemento 21 de agosto de 1979
Lugar de falecemento Rapallo
Altura 170 centímetros e 169 centímetros
Posición dianteiro
Na rede
IMDB: nm2156513 FIFA: 174761 WikiTree: Meazza-13 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Giuseppe Meazza, nado o 23 de agosto de 1910 en Milán e finado o 21 de agosto de 1979, foi un futbolista Italiano. Está considerado coma un dos mellores xogadores italianos de tódolos tempos, xunto con lendas coma Valentino Mazzola, Silvio Piola, Giacinto Facchetti , Gianni Rivera, Renzo De Vecchi, Dino Zoff, Luigi Riva, Gaetano Scirea, Paolo Maldini, Franco Baresi e Roberto Baggio. Meazza foi o primeiro futbolista Italiano en ser coñecido internacionalmente.

A San Siro, o principal estadio de Milán chámaselle oficialmente Stadio Giuseppe Meazza na súa honra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inter de Milán[editar | editar a fonte]

Gañou 3 títulos nacionais co Inter de Milán en 1930, 1938 e 1940, a Copa de Italia en 1939; e foi o máximo artilleiro da Serie A en 1930, 1936 e 1938. Tempo despois tamén xogou no A.C. Milan, Juventus e Atalanta.

Selección Italiana[editar | editar a fonte]

Meazza foi campión do mundo en 1934 e 1938 coa selección italiana.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Serie A[editar | editar a fonte]

Tempada Club Xogados Goles
1927-28 Inter 33 11
1928-29 Inter 29 38
1929-30 Inter 33 31
1930-31 Inter 34 24
1931-32 Inter 28 21
1932-33 Inter 32 20
1933-34 Inter 32 21
1934-35 Inter 30 19
1935-36 Inter 29 24
1936-37 Inter 26 11
1937-38 Inter 26 20
1938-39 Inter 16 4
1939-40 Inter 0 0
1940-41 Milan 14 6
1941-42 Milan 23 3
1942-43 Juventus 27 10
1945-46 Atalanta 14 2
1946-47 Inter 17 2
Total Serie A 367 216

Meazza segue a ser o cuarto máximo goleador da Serie A de tódolos tempos.

Selección italiana[editar | editar a fonte]

Con 33 goles é o segundo máximo goleador da selección italiana, detrás de Luigi Riva.