Jean-Pierre Papin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Pierre Papin
Jean-Pierre Papin, 2006.jpg
Nome completo: Jean-Pierre Papin
Alcume: JPP
Data de nacemento: 5 de novembro de 1963
Lugar de nacemento: Boulogne-sur-Mer, Francia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Francés
Club actual: retirado
Posición: Dianteiro
Altura: metros
Partidos internacionais: 54
Goles: 30 (selección)
Ano do debut: 1983
Club do debut: INF Vichy
Ano do retiro: 1998
Club do retiro: En Avant Guingamp

Jean-Pierre Papin, nado o 5 de novembro de 1963 en Boulogne-sur-Mer, é un ex-futbolista francés que xogaba de dianteiro. É un dos xogadores que aparecen na lista FIFA 100 feita por Pelé.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Papin xogou para o INF Vichy (1983-1984), Valenciennes (1984-1985), o Club Brugge (1985-1986), o Olympique Marseille (1986-1992), o A.C. Milan (1992-1994), o Bayern Munich (1994-1996), o FC Girondins de Bordeaux (1996-1998) e o En Avant Guingamp (1998). Foi o máximo anotador da liga francesa ao longo de cinco tempadas consecutivas, de 1988 a 1992, na súa etapa no Marsella, onde xogou 254 encontros e anotou 157 goles.

En 1991 gaña o Balón de Ouro, sendo o único xogador que o consegue xogando na liga francesa.

Selección gala[editar | editar a fonte]

Anotou 30 goles en 54 encontros con Francia. Participou no mundial de México 86 e na Eurocopa de Fútbol 1992.

Títulos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Medalla de Ouro nos xogos de 1984
  • Máximo aotador liga francesa: 1988, 1989, 1990, 1991, 1992
  • Xogador francés do ano: 1989, 1991
  • Máximo goleador francés en competicións europeas: 38
  • Máximo goleador francés na Liga de Campións: 28
  • Balón de Ouro: 1991
  • Onze d'or: 1991
  • Joueur du Siècle (Xogador do Século) do Olympique de Marseille
  • FIFA 100