Raymond Kopa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raymond Kopa
Nome completo: Raymond Kopaszewski
Alcume: '
Data de nacemento: 13 de outubro de 1931
Lugar de nacemento: Nœux-les-Mines, Francia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Francés
Club actual: retirado
Posición: Mediocampista, Dianteiro
Altura: metros
Partidos internacionais: 45
Goles: 18
Ano do debut:
Club do debut: SCO Angers
Ano do retiro:
Club do retiro: Stade de Reims


Raymond Kopa, nado o 13 de outubro de 1931 en Nœux-les-Mines, Pas-de-Calais, Francia, foi un futbolista francés de pais polacos, e unha das figuras do fútbol europeo dos anos 50.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Este fillo de emigrantes polacos comezou a súa carreira aos 17 anos no SCO Angers, e dous anos despois foi transferido ó Stade de Reims, co que gañaría o campionato Francés en 1953 e 1955. Tamén foi finalista da primeira Copa de Europa, perdendo co Real Madrid de Alfredo Di Stéfano por 4-3. Ao ano seguinte, foise para o Madrid, ó que tamén iría Ferenc Puskás. Campión de liga en 1957 e 1958, é o primeiro xogador francés en gaña-la Liga de Campións en 1957, título que repetiría en 1958 e 1958, este último contra o Stade de Reims no que xogaba Just Fontaine

Kopa volveu a Francia na tempada 1959-60 para remata-la súa carreira co Reims. Aquí conseguiu o campionato en 1960 e 1962.

A nivel individual, obtivo o Balón de Ouro en 1958.

Coa Francia anotou 18 goles en 45 encontros entre 1952 e 1962. Disputou o Mundial de Fútbol Suecia 1958 onde remataron terceiros tras perde-las semifinais contra o Brasil de Pelé, Garrincha e Didi entre outras figuras.

Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores xogadores que aínda está vivos en marzo de 2004.