Oleg Blokhin
| Oleg Blokhin |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Oleg Blokhin | ||
| Alcume: | ' | ||
| Data de nacemento: | 5 de novembro de 1952 | ||
| Lugar de nacemento: | Kiev, Ucraína | ||
| Data de falecemento: | |||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | retirado | ||
| Posición: | Dianteiro | ||
| Altura: | 1,80 metros | ||
| Partidos internacionais: | 112 | ||
| Goles: | 42 (selección) | ||
| Ano do debut: | 1969 | ||
| Club do debut: | Dynamo Kiev | ||
| Ano do retiro: | 1990 | ||
| Club do retiro: | Aris Limassol | ||
Oleh Volodymyrovych Blokhin, nado o 5 de novembro de 1952 en Kiev, Unión Soviética, hoxe Ucraína, é un adestrador de fútbol que anteriormente xogou de dianteiro na selección da URSS. Foi galardoado co Balón de Ouro en 1975.
Índice |
Traxectoria [editar]
Dinamo Kiev [editar]
Case toda a súa carreira transcorre no Dinamo Kiev, excepto os derradeiros anos nos terreos de xogo, onde formou parte do Vorwärts Steyr austríaco e do Aris grego. É o máximo anotador da liga soviética de tódolos tempos con 211 goles, así coma o xogador con máis encontros disputados (432). A nivel de equipo, con el o Dinamo gañou a liga da URSS en oito ocasións e dúas Recopas, en 1975 e 1986.
Selección [editar]
Blokhin é o futbolista que máis encontros xogou coa camisola da Unión Soviética, cun total de 112, amais de se-lo máximo anotador con 42 goles. Participou nos mundiais de 1982 e 1986.
Adestrador [editar]
Despois do seu retiro, Blokhin adestrou varios clubs gregos entre eles o Olympiakos FC, PAOK e o Ionikos. En setembro do 2003 chega ao cargo de de adestrador da selección ucraína. Baixo a súa batuta a escuadra chega ata os cuartos de final do Mundial de Fútbol Alemaña 2006, perdendo contra a Italia, que finalmente serían os campións do torneo.
Persoal [editar]
No ano 2002 Ole Blokhin foi elixido para o Verkhovna Rada (Parlamento de Ucraína) por segunda vez. En outubro dese mesmo ano únese ao Partido Socialdemócrata da Ucraína. Nos últimos tempos o seu cargo na selección de fútbol concentra tódolos seus esforzos e non anda en ningunha actividade política.
Blokhin estivo casado con Irina Deriugina, a famosa ximnasta campioa do mundo en exercicios libres, mais a parella divorciouse en 1990. Teñen unha filla.
Xogador de Ouro [editar]
En novembro do 2003, para celebra-lo aniversario da UEFA, fíxose unha selección na que a federación de cada país tivo que escoller ó seu mellor xogador dos últimos 50 anos. Son os chamados Xogadores de Ouro da UEFA. Blokhin foi escollido pola Federación de Fútbol de Ucraína. [1]
Polémica racista en 2006 [editar]
O 22 de febreiro de 2006 nunha entrevista (en ruso) na páxina de deportes ucraína sport.com.ua, Blokhin fixo as seguintes declaracións: "Cantos máis ucraínos xoguen na liga nacional, máis exemplos para os xoves. Que aprendan de Shevchenko ou Blokhin e non dalgún Zumba-Bumba ó que baixaron dunha árbore, lle deron dous plátanos a agora xoga na liga ucraína. [...] Lembro cando eu xogaba ó fútbol, se perdiamos un encontro non era doado camiñar polas rúas de Kiev - Había moitos amigos aí fora que podían darche unha boa malleira. Pero que sentido ten baterlle a un estranxeiro? Dacordo, ti bates nel - o seguinte que fará será colle-las maletas e marchar."
Estes comentarios recibiron unha morea de críticas da prensa occidental.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Futbolistas soviéticos
- Futbolistas ucraínos
- Dianteiros de fútbol
- Balón de Ouro
- Xogadores de Ouro
- Xogadores do FC Dynamo Kyiv
- Xogadores do Vorwärts Steyr
- Xogadores do Aris Salónica FC
- Xogadores da selección de fútbol da URSS
- Adestradores de fútbol de Ucraína
- Adestradores do Olympiakos FC
- Adestradores do PAOK FC
- Adestradores do Ionikos
- Adestradores da selección de fútbol de Ucraína