Tito Vilanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tito Vilanova
Tito Vilanova (2012).jpg
Tito Vilanova
Información persoal
Nome completo Francesc Vilanova i Bayó
Nacemento 17 de setembro de 1969 (44 anos)
Lugar Bellcaire d'Empordà, España
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Barcelona (adestrador)
Carreira xuvenil
1984–1988 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1990 Barcelona B 52 (6)
1990–1992 Figueres 72 (6)
1992–1995 Celta de Vigo 26 (1)
1995–1996 Badajoz 33 (2)
1996–1997 Mallorca 10 (0)
1997–1998 Lleida 21 (3)
1998–2000 Elche 29 (1)
2000–2002 Gramenet
Adestrador
Palafrugell
Figueres
Terrassa
2007–2008 Barcelona B (asistente)
2008–2012 Barcelona (asistente)
2012– Barcelona
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Francesc "Tito" Vilanova i Bayo, nado o 17 de setembro de 1969 en Bellcaire d'Empordà (Xirona), é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e actualmente adestra o FC Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tito, á dereita, sentado no banco do Barça B detrás de Guardiola.

Como futbolista formouse nas categorías infantís do Barça entre 1984 e 1990. Nesa época foi cando coñeceu a Guardiola, sendo amigos desde entón.

A súa carreira como xogador profesional comezou na UE Figueres, co que xogou a promoción de ascenso a primeira división contra o Cádiz CF a tempada 1991/1992. Continuou no Real Club Celta tres anos en primeira división, no CD Badajoz, no Real Mallorca, na UE Lleida e no Elche CF. Retirouse na UDA Gramenet.

Comezou a adestrar no FC Palafrugell, e seguiu no Figueres e no Terrassa FC antes de regresar ao Barça. Comezou a tempada 2007-08 como segundo adestrador de Pep Guardiola no FC Barcelona B, acadando o ascenso á 2ª B logo de quedar en primeira posición do grupo V da 3ª división. A tempada seguinte (2008-09) Guardiola pasou a adestrar o primeiro equipo do Barça, e Tito Vilanova tamén foi o segundo adestrador até o remate da tempada 2011-2012.

No partido de volta da Supercopa de España de Fútbol de 2011 foi un dos protagonistas da liorta que houbo ao remate do partido, na que José Mourinho lle meteu un dedo no ollo.

En novembro de 2011 foi operado no hospital do Vall d'Hebron, intervíndolle a glándula parótide[1]. O 27 de abril de 2012, na roda de prensa de despedida de Pep Guardiola, foi anunciado como próximo adestrador do primeiro equipo do FC Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tito Vilanova rep l'alta hospitalària i ja és a casa", artigo no Diari Ara 362, 29 de novembro de 2011 (en catalán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]