Fritz Walter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Fritz Walter.

Fritz Walter, nado en Kaiserslautern o 31 de outubro de 1920 e finado en Enkenbach-Alsenborn o 17 de xuño de 2002, foi un futbolista alemán.

Dende moi cedo, á idade de oito, anos xa formou parte do 1. FC Kaiserlautern, debutando no primeiro equipo ós dezasete.

O seu debut no equipo nacional foi en 1941 durante a Segunda Guerra Mundial. Walter estivo no exército dende 1942 ata o remate da guerra en 1945. Despoios volveu a xogar para o 1. Fc Kaiserlauten, gañando o campionato alemán en 1951 e 1953. En 1951 fixo o seu retorno á selección, e foi nomeado capitán.

O seu maior logro foi o título de campión mundial en 1954