Mar Caspio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Caspio")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Foto satélite do Mar Caspio
Stenka Razin (Vasily Surikov, 1906)

O mar Caspio é un mar interior da Asia. Baña Rusia, Daguestán, Acerbaixán, o Turcomenistán, o Casaquistán e Irán, coas estepas da Asia Central ao norte e ao leste. Na antigüidade, coñecíase como o océano Hircaniano ou tamén mar Khazar e mar Khvalisian.

Características[editar | editar a fonte]

O mar Caspio é un dos menores mares do mundo. Segundo os científicos, ten características tanto dun lago coma dun mar. Cunha superficie de case 400 mil km², tendo 1.200 x 450 km, representa o máis importante mar interior do mundo. A pesar diso, non ten o estatuto xurídico dun mar. A súa profundidade media é de 180 metros, cunha cota máxima de 1.025 metros, e a súa extensión costeira é de case 7.000 km.

O mar Caspio contén unha gran cantidade de esturión, do cal se extraen as ovas para as transformar en caviar. Como consecuencia, a súa pesca excesiva ameaza esa poboación. Recentes pesquisas anunciaron a presenza de reservas de petróleo nas profundidades deste mar[Cómpre referencia].

Os ríos Volga e mais Ural desaugan no mar Caspio, que se conecta ao mar de Azov polo canal Manych.

Mais o mar Caspio non recibe soamente auga da cunca do Volga: a contaminación resultante de case a metade da poboación rusa e dun terzo da produción industrial e agrícola das áreas do rio Volga explica os elevados niveis de contaminación en case toda a cunca hidrográfica. A falta de preocupación ambiental no período soviético foron un dos factores da degradación do mar Caspio.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

A morfoloxía do mar Caspio divídese en tres partes principais:

  • a porción sur, onde se encontran as maiores profundidades, con 325 metros de media.
  • a parte central, cunha profundidade media de 170 metros.
  • a porción norte, que integra a depresión Aralo-Caspiana (depresión absoluta, da que a altitude media é de –28 m). É a parte máis rasa do mar, onde a profundidade non pasa dos 10 metros. Esta parte tamén é máis vulnerable aos impactos socio-ambientais, por estar situada xunto a áreas continentais baixas e chas, alén de posuír menor volume e profundidade.


Evolución do nivel[editar | editar a fonte]

O Volga é responsable da maior parte do fluxo de auga que chega ao mar Caspio. Así, esta vía fluvial é fundamental para que se manteña o equilibrio acuático, a constitución biolóxica e química e maila oscilación do nivel da auga. Deste xeito, o que acontece arredor do val do Volga repercute no mar Caspio.

O nivel do mar Caspio subiu e desceu ao longo dos séculos. Algúns historiadores apoian a teoria segundo a cal, durante a Idade Media, un aumento do nivel das augas tería provocado a inundación de cidades litorais da rexión de Khazaria, como a cidade de Atil. No século XX ocorreron polo menos tres grandes períodos de troco no nivel xeral da superficie do Caspio. Entre os anos de 1900 e 1929, practicamente non ocorreran variacións significativas de nivel. Entre 1930 e 1978, o nivel das augas presentou unha diminuición continuada, principalmente entre 1930 e 1941. A causa principal dese fenómeno foi a diminuición do fluxo de auga vida dos ríos que alí teñen a súa foz.

A partir do 1978, o nivel medio do Caspio subiu cerca de 2,5 metros. As oscilacións de nivel, típicas en lagos ou mares pechados, causan impactos tanto no aspecto medioambiental como na economia das áreas ribeirás. Tal escenario aconteceu no mar Caspio durante a prolongada queda do nivel das augas (1930/1977), cando especialistas acreditaban que esa era unha tendencia irreversíbel. Así, o goberno soviético realizou planexamentos económicos, considerando a continua baixa do nivel do mar. Cando o nivel subiu de novo, unha parte considerable do que fora construído, os danos do aumento do nivel acuático acabaran sendo maiores nos territorios chans da costa norte e nordeste, áreas pertencentes a Rusia. Os especialistas aínda non teñen explicacións para o recente aumento do nivel, nin unha previsón do que poderá ocorrer nun futuro próximo.

Cidades ribeirás[editar | editar a fonte]

As principais cidades á beira do mar Caspio son:

As cidades históricas á beira do mar Caspio:

Algúns datos[editar | editar a fonte]

  • Superficie: 371.000 km².
  • Dimensións: 1.210 km de norte a sur e de 210 km a 436 km de leste a oeste.
  • Profundidade: Media: 170 m, máxima: 995 m.
  • Altitude: 28 m por baixo do nivel do mar.
  • Afluentes: Volga, Ural, Cura, Terek.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]