Halita
| Halita | |
|---|---|
| Cubo imperfecto de halita | |
| Fórmula química: | NaCl |
| Clase: | Haluros |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Cúbico |
| Cor: | Incolora, branca, amarela, vermella, gris e azul |
| Brillo: | De vítreo a graso |
| Dureza: | 2 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Perfecta, en cubos |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 2,1-2,2 g/cm3 |
A halita (tamén chamada sal xema ou sal rocha) é un mineral da clase dos haluros cuxa fórmula química é NaCl (39,3% de sodio e 60,7% de cloro). É pois, un mineral composto na súa totalide por cloruro de sodio.
Índice |
Aspecto [editar]
Na súa forma cristalina adopta a figura dun cubo. Tamén aparece formando masas e máis rara vez en forma de octaedros. A súa coloración varía segundo as impurezas que teña na súa composición.
Lugares onde se atopa [editar]
A halita é un mineral moi abundante en terreos sedimentarios, pérmicos, triásicos e terciarios. Xace en capas, alternándose con xeso e as arxilas, impregnando margas (chamadas por isto salíferas). Encóntrase disolta en altas cantidades na auga do mar e nalgunhas lagoas chamadas salinas coma as de Torrevieja (Alacant) e San Carlos de la Rápita (Tarragona).
Usos da halita [editar]
A halita é utilizada na industria química como fonte de sodio e cloro e para fabricar sosa e ácido clorhídrico, na cociña como condimento e conservante de alimentos, na agriculura como fertilizante e no gando como alimento para animais.
Propiedades [editar]
É soluble en auga e de sabor salgado.
Outros haluros [editar]
Outros haluros a destacar son a fluorita e a silvina.