Daguestán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Республика Дагестан (ruso)
Bandeira de Daguestán Escudo de Daguestán
Bandeira Escudo
Himno: Himno de Daguestán
 
Dagestan in Russia.svg
 
Estado Flag of Russia.svg Rusia
Capital
 • Poboación
Makhachkala
572.076 (censo 2010)
Cidade principal Makhachkala
Linguas
 • Oficiais
Ruso; agul, avar, azerí, checheno, dargwa, kumyk, lezgui, lak, nogai, rutul, tabasaran e tsakhur
Ruso
Estatus
 • Presidente
República federada
Ramazan Abdulatipov
Estabelecemento
20 de xaneiro de 1921
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 52º
50.300 km²

km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 12º
2.910.249 (2010)
57,86 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario UTC+4
Dominio de Internet n/d
Código ISO RU-DA
Subdivisións de Rusia
Dagestan.png

A Republica do Daguestán (ruso:Респу́блика Дагеста́н) é unha república da Federación Rusa. É a máis grande república de Rusia no norte do Cáucaso, en superficie e poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A república está situada na cordilleira do Cáucaso Norte. É a parte máis ao sur de Rusia.

Limita ao norte con Kalmukia, ao sur con Acerbaixán, ao leste co mar Caspio, ao oeste con Chechenia e ao noroeste co Krai de Estavropol. O seu punto máis alto é o monte Bazardyuzi (4.466 m). A distancia máxima de norte a sur son 400 km, e de leste a oeste 200 km.

Hai máis de 1.800 ríos, destacando o Sulak, o Samur e mailo Terek Rubas. As costas do Daguestán exténdense sobre máis de 400 km ao longo do mar Caspio.

A maior parte do territorio da república é montañoso, coas grandes montañas caucásicas cubrindo o sur. O maior cumio é o pico de Bazardyuzi, de 4.466 m.

Recursos naturais[editar | editar a fonte]

O solo do Daguestán é rico en petróleo, gas natural, carbón e outros.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é caloroso e seco no verán, mais os invernos son fríos nas rexións montañosas. A temperatura media en xaneiro é de 2 °C, e en xullo de 30 °C. As precipitacións anuais medias son de 200 mm/m² nas chairas do norte e de 800 nas zonas montañas.

Demografía[editar | editar a fonte]

O terreo montañoso dificulta as viaxes e comunicacións, o Daguestán ten unha diversidade étnica pouco común. Contrariamente ás outras partes da Rusia, a poboación do Daguestán medra, principalmente pola inmigración.

No ano 2002 tiña 2.576.531 habitantes. 1.102.577 (42,8 %) vivían en zonas urbanas, e 1.473.954 (57,2 %) en zonas rurais. 1.242.437 (48,2 %) eran homes e 1.334.094 (51,8 %) mulleres. A idade media era de 25,2 anos (25,1 nas zonas urbanas e 25,2 no rural; 24 anos os homes e 26,3 as mulleres). Había 570.036 fogares.

Grupos étnicos[editar | editar a fonte]

No Daguestán conviven máis dunha ducia de grupos étnicos:

  • Pobos Daguestanís: 80 %; comprenden:
    • Pobos do grupo lingüístico Daguestání:
    • Kumyks — máis de 200.000
    • Laks — aproximadamente 140.000
    • Nogays — aproximadamente 35.000
  • Azerís: 4.% aproximadamente 85.000
  • Rusos: 4 %, aproximadamente 85.000
  • Chechenos: 3 %, aproximadamente 85.000
  • Outros: 8 %:

Atópanse tamén pequenos grupos coma os Balkares (que viven principalmente en Kabardino-Balkaria), ou os Xinukhs, uns 200, membros dunha familia complexa de Caucasianos autóctonos — uns 40 grupos, comprendendo pobos pouco coñecidos coma os Akhwakhs, moitos deles concéntranse no Daguestán. A destacar tamén os Laks que inmigraron despois dunha deportación na época sovietica, e os Hunzibs ou pobo Khunzal que viven somente en catro asentamentos do interior.

A lingua franca no Daguestán é o ruso, mais fálanse máis de trinta linguas.

Historia[editar | editar a fonte]

O Daguestán converteuse nunha república da Federación de Rusia no 1991.

En 1999 un grupo de fundamentalistas musulmáns vindo de Chechenia, baixo o comando de Khamil Basaiev, así como apoios locais, lanzan unha insurreción no Daguestán. Iso provoca a decisión rusa de invadir Chechenia ese ano.

O célebre xefe musulmán Imam Khamil era un natural do Daguestán de etnia avar.

Política[editar | editar a fonte]

O xefe do goberno no Daguestán é o presidente. En 2004 o presidente era Magomadali Magomadovich Magomadov.

Economía[editar | editar a fonte]

En 2000, o economía do Daguestán estaba baseada na agricultura (35 %), industria (24 %) e construción (26 %). O transporte e as comunicacións supuñan o 5 %. O comerzo e servizos o 9 %.

As industrias importantes inclúen a transformación dos produtos alimentarios, a produción de electricidade, a extracción do petroleo, a fabricación de maquinas e a química. As exportacións principais do Daguestán son o petroleo e mailos carburantes. Os produtos agricolas importantes inclúen o peixe do mar Caspio, o viño e os licores, e varias frutas.

O Daguestán é a república menos urbanizada do Cáucaso.

Relixión[editar | editar a fonte]

A maior parte da poboación do Daguestán é musulmá. Como na maior parte do Cáucaso, o islam nativo do Daguestán é da rama sufista desde hai séculos. Nestes últimos anos téñense notado tensións entre as escolas sufistas locais e os misioneiros wahabitas chegados á rexión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Daguestán