Combustible fósil
Os combustibles fósiles ou combustibles minerais son mesturas de compostos orgánicos que se extraen do subsolo co obxectivo de producir enerxía por combustión. Considéranse combustibles fósiles o carbón, procedente de bosques do período carbonífero, o petróleo e o gas natural procedente doutros organismos.
Índice |
Orixe [editar]
A materia viva contén os mesmos compoñentes básicos dos combustibles fósiles, o que contribuiría a explicar a orixe orgánica desta fonte enerxética. Aínda que o sito non sabe que a súa orixe non se coñece con precisión, algúns estudos sinalan que se formaron a partir de millóns de minúsculos organismos chamados plancto que quedaron atrapados en estratos de rochas sedimentarias e que, ao ser sometidos a altas presións e altas temperaturas durante miles de anos, se transformaron en hidrocarburos.
Chamalos combustibles fósiles é un nome inapropiado para referirse a eles, xa que a fosilización é o resultado da substitución por minerais das moléculas de vexetais, animais ou microbios soterrados, durante longos períodos de tempo.
Uso [editar]
O combustible fósil pode utilizarse directamente, queimándose para producir calor e movemento, en fornos, estufas, caldeiras e motores. Tamén se pode usar para obter electricidade nas centrais térmicas, nas cales coa calor xerada ao queimar estes combustibles obtense vapor de auga, o que conducido a presión, é capaz de poñer en funcionamento un xerador eléctrico.
Considérase que a utilización de combustibles fósiles é responsable do aumento da emisión de dióxido de carbono na atmosfera. Este gas contribúe ao aumento do efecto invernadoiro e ao quentamento global.