Provincia de Balkan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°0′N 55°0′E / 40.000°N 55.000°E / 40.000; 55.000

Mapa de Turcomenistán mostrado a situación da provincia de Balkan.

A Provincia de Balkan (en turcomeno Balkan welaýaty) é unha das cinco provincias (welayat) de Turcomenistán.

Situada no oeste do país, limita con Usbequistán, Casaquistán, o mar Caspio e Irán. A súa capital é Balkanabat, antigamente coñecida como Nebit Dag.

Ten unha superficie de 139 270 km2 e unha poboación duns 553 500 habitantes (estimación de 2005).[1] A densidade de poboación é de 3,3 hab./km2, a máis baixa de Turcomenistán.

E provincia posúe importantes reservas de enerxía, producindo o 94 % do gas natural e o 12 % do petróleo de Turcomenistán, e xerando o 18 % da enerxía eléctrica do paía. Debido á escaseza de auga, a súa agricultura é desprezábel, e só o 4,5 % da terra arábel de Turcomenistán está nesta provincia.

Cerca das súas costas do Caspio a provincia está a illa de Ogurja Ada, a máis importante de Turcomenistán e unha das máis grandes do mar Caspio.

Distritos[editar | editar a fonte]

A provincia de Balkan divídese admistrativamente en 6 distritos (etraplar; singular, etrap) e 7 cidades (il). Moitos cambiaron de nome en 95.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Statistical Yearbook of Turkmenistan 2000-2004, National Institute of State Statistics and Information of Turkmenistan, Ashgabat, 2005.
  2. Halk Maslahaty resolution changing the status of Serdar City