Depresión (xeoloxía)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Depresión.
En xeomorfoloxía, unha depresión é un termo para designar a zona do relevo situada a un nivel inferior cá superficie veciña.
Características [editar]
As depresións poden ser consecuencia dun afundimento de terra que fai que a zona, ou ben se sitúe baixo o nivel do mar, por exemplo o Mar Morto (-395 m) ou o Mar Caspio (-28 m); ou ben fique dominada polos territorios veciños. Este último caso constitúeno a miúdo as depresións nas que a permeabilidade da roca e o clima permitiron a formación de lagos permanentes, como a depresión do Tarim en China, ou a Gran Cunca na zona oeste dos Estados Unidos. Tamén, en México existen depresións que están cubertas de auga, como é o caso do lago de Chapala ou o lago de Pátzcuaro.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Lista de lugares da terra baixo o nivel do mar.