Palabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Unha palabra é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (salvo nos casos en que se usa apóstrofo ou guión), é dicir é a unidade formada por un ou varios fonemas, illable e dotada de significado.

A ciencia que estuda a composición e estrutura interna das palabras é a morfoloxía.

As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súa acentuación ou segundo o seu número de sílabas.

Segundo a clase de palabras á que correspondan[editar | editar a fonte]

Segundo a súa acentuación[editar | editar a fonte]

  • As palabras agudas son aquelas na que recae o acento na última sílaba. Por exemplo: canón.
  • As palabras graves son aquelas nas cales o acento recae na penúltima sílaba. Por exemplo: padiola.
  • As palabras esdrúxulas son aquelas nas que recae o acento na antepenúltima sílaba. Por exemplo: cóengo.

Segundo o seu número de sílabas[editar | editar a fonte]

  • palabra monosílaba: aquela palabra cunha soa sílaba. Por exemplo: sol.
  • Palabra bisílaba: aquela palabra con dúas sílabas. Por exemplo: guión, fiel, baúl
  • Palabra trisílaba: aquela palabra con tres sílabas. Por exemplo: muíño, saía, óeas, vídeo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]