Clément Ader

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clément Ader
Nacemento2 de abril de 1841
Lugar de nacementoMuret
Falecemento3 de maio de 1925
Lugar de falecementoTolosa
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónenxeñeiro, inventor, aviador e engenheiro aeronáutico
Coñecido porThéâtrophone e Éole
Premioscomendador da Lexión de Honor e Great Gold medal of the Société d'Encouragement au Progrès
editar datos en Wikidata ]
Gravado do Eolo.

Clément Ader, nado en Muret o 2 de abril de 1841 e finado en Tolosa o 3 de marzo de 1925, foi un enxeñeiro francés, precursor da aviación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1868 mellora e fabrica velocípedes con grande éxito comercial, pero a guerra de 1870 arruínao e provoca o seu traslado a París. Perfeccionou o teléfono en 1878 e inventa o teatrófono, o que permite a transmisión telefónica por dúas canles, Ader realiza a primeira transmisión en estéreo en 1881. Baseándose nos estudos sobre o voo dos paxaros de Louis Mouillard, construíu os primeiros aeroplanos con motor. Entre 1890 e 1897 realiza tres aparatos: Eole (Avión I), Zéphyr (Avión II) e Aquilon (Avión III) baixo secreto militar.

O 9 de outubro de 1890 realiza o seu primeiro voo: 50 metros a 20 cm. de altura antes de se estrelar, os seus traballos resultan de interese para o ministerio da guerra francés, financiando as súas actividades, en 1897 o Aquilon realiza un voo de 300 metros diante dun comité militar o 14 de outubro, pero o proxecto queda finalmente paralizado.