Turquestán Oriental
Localización | |||
---|---|---|---|
Territorio reivindicado por | Turquestán Oriental | ||
Estado | República Popular da China | ||
Rexións autónomas da República Popular da China | Xinjiang | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Turquestán Oriental (en uigur: شەرقىي تۈركىستان; Sherqiy Türkistan; en chinés: 东突厥斯坦) é un concepto territorial que varía de significado dependendo do contexto de uso. O termo foi acuñado no século XIX por turcólogos rusos como Nikita Bichurin para substituír outro termo occidental, Turquestán Chinés, o cal facía referencia á conca do Tarim na zona suroeste de Xinjiang durante a dinastía Qing. Porén, o topónimo medieval persa "Turquestán" e os seus derivados non foi utilizado pola poboación local. O nome uigur para a conca do Tarim é Altishahr, que quere dicir "Seis Cidades". Dende a dinastía Han até a dinastía Tang, China chamou á área e as zonas circundantes "Rexións Occidentais". As zonas controladas pola China foron chamadas "Xinjiang" a comezos do século XVIII.
Dende o séculio XX, os separatistas uigures e os seus partidarios empregan o termo Turquestán Oriental (ou Uiguristán) como un apelativo para toda Xinjiang (a conca do Tarim Basin e Zungaria) ou para un futuro estado independente na actual Rexión autónoma uigur de Xinjiang (presumiblemente con capital en Ürümqi). Rexeitan o nome de Xinjiang (que quere dicir "Nova Fronteira" en chinés)[1] debido á perspectiva chinesa reflectida no nome e prefiren o Turquestán Oriental para resaltar a conexión con outros grupos turcos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Introduction". The Lost Frontier Treaty Maps that Changed Qing's Northwestern Boundaries. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
The Qianlong emperor (1736-1796) named the region Xinjiang, for New Territory.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- East Turkistan to the Twelfth Century (por William Samolin, 1964)