Bandeira de Turquestán Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira de Turquestán Oriental
Bandeira de Turquestán Oriental
Características
Proporción2:3
Adopción1933
Cores     Azul      Branco

A bandeira de Turquestán Oriental (en uigur: شەرقىي تۈركىستان دۆلەت بايرىقى) ou Kökbayraq ("bandeira do ceo") é unha bandeira non oficial usada para representar a rexión de Xinjiang da China e a rexión histórica de Turquestán Oriental en Asia. A bandeira foi orixinalmente usada como bandeira nacional do breve estado separatista coñecido como Primeira República de Turquestán Oriental (1933–1934). A bandeira componse dun campo azul celeste cunha lúa crecente e unha estrela de cinco puntas brancas,[1] e foi adoptada o 12 de novembro de 1933 como bandeira nacional durante a declaración de independencia.[2] Agás polo fondo azul, a bandeira é idéntica á bandeira de Turquía.

Uso[editar | editar a fonte]

A bandeira é usada en tempos modernos como símbolo do independentismo de Turquestán Oriental e polo goberno no exilio como a bandeira nacional dun Turquestán Oriental independente.[3]

A cor azul clara do fondo está tomada da cor do ceo e é unha cor predominante na cultura turca que representa o ceo, esencialmente o azul representa os pobos turcos. A lúa crecente representa a noción de ser vitorioso (invencible) e non é necesariamente un símbolo islámico, de feito foron os turcos os que introduciron o crecente no mundo islámico. A estrela representa a nación turca, e tamén se atopa na bandeira do Imperio Hun Branco (heftalita) e en varios outros imperios e estados turcos.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "National Flag". East Turkistan Government in Exile. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  2. Klimeš, Ondřej (3 de novembro de 2014). "Nationalism and modernism in the East Turkestan Republic, 1933–34.". Central Asian Survey 34 (2): 162–176. doi:10.1080/02634937.2014.976947. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  3. Constitution – East Turkistan Government in Exile. Article 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]