Pobos turcos
Instancia de
Subclase de
Estudado por
Poboación 180000000 Nafar (en)
Wikidata C:Commons
Países e subdivisións autónomas nas cales unha lingua turca ten un status oficial.
Os pobos turcos [ 1] do norte e o centro de Eurasia son pobos que falan linguas da familia turca , e que comparten varios trazos históricos e culturais en diferentes graos. As linguas turcas son unha subdivisión da familia das linguas altaicas e unha das máis amplamente estendidas no mundo, xa que se falan nunha vasta rexión que vai desde Europa até Siberia , incluíndo as sociedades existentes como: turcos , azerís , chuvaxos , kazakos , tártaros , kirguiz , turcománs , uigures , uzbekos , baxkires , kashgai , gagauz , iakutos , Karaites, crimchacos, caracalpacos, karachais, bálcaros , nogais; así como civilizacións do pasado tales como os köktürks , cumanos , kipchaks, ávaros , protobúlgaros , turgesh, kházaros , seliúcidas , otománs , mamelucos , timures e probabelmente os hunos e os xiongnu .
Número de falantes nativos da familia das linguas turcas.
Os pobos turcos teñen moitas ramas, e a súa poboación total é de ao redor de 150 millóns de individuos. Aproximadamente a metade son turcos de Turquía , que na súa maoir parte habitan no mesmo país e nas rexións dominadas antigamente polo Imperio Otomán en Europa oriental , o norte de África e o Oriente Próximo . A outra metade dos turcos encóntranse en Asia Central , Rusia , o sur do Cáucaso e o noroeste de Irán .
Na actualidade hai seis países turcos independentes:
A República Turca do Norte de Chipre só é recoñecida por Turquía e Nakhicheván (unha rexión autónoma de Azerbaidján ).
Existen varias repúblicas autónomas turcas e rexións gobernadas polos turcos na Federación rusa : República de Altai , Baxkortostán , República dos Chuvaxos , Daguestán , Khakasia , Karachai-Cherkesia , Tartaristán , Tuvá e Iakutia . Cada república autónoma turca da Federación Rusa ten a súa propia bandeira, parlamento, leis e lingua oficial.
Hai outras dúas rexións autónomas turcas importantes: a Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang (tamén coñecida como Turquestán Oriental), no oeste da China , e rexión autónoma de Gagaucia , situada en Moldova oriental. Ademais, hai varias rexións turcas non recoñecidas en Irán e partes de Iraq , Afganistán , Paquistán , Tadjiikistán e parte de Kazakhstán .
Alpamysh, H.B. Paksoy: Central Asian Identity under Russian Rule Arquivado 09 de novembro de 2020 en Wayback Machine . (Hartford: AACAR, 1989)
H. B. Paksoy (1989). Alpamysh: Central Asian Identity Under Russian Rule . AACAR. ISBN 978-0-9621379-9-0 .
Amanjolov A.S., "History of the Ancient Turkic Script", Almaty, "Mektep", 2003, ISBN 9965-16-204-2
Baichorov S.Ya., "Ancient Turkic runic monuments of the Europe", Stavropol, 1989 (en ruso )
Baskakov, N.A. 1962, 1969. Introduction to the study of the Turkic languages . Moscova (en ruso )