Sistema Universitario de Galicia
| Sistema Universitario de Galicia | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| Wikidata |
O Sistema Universtario de Galicia (coñecido co acrónimo de SUG) é o máximo organismo público encargado de desenvolver o ensino superior en Galicia, mediante o exercicio da docencia, o estudo, a investigación e a creación de coñecemento.
Dito organismo engloba e coordina as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
O SUG foi creado en 1989 após a aprobación da Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia e depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Historia
[editar | editar a fonte]A necesidade de crear un organismo que regulase a ordenación territorial, funcional e financeira do ensino superior en Galicia levou á aprobarse en 1989 o Sistema Universitario Galego. Isto desembocou na descentralización do sistema universitario galego, xa que até ese punto a Universidade de Santiago de Compostela era a única universidade galega desde a súa fundación en 1495. Así as cousas, a aprobación do SUG supuxo a creación en 1990 das outras dúas universidades galegas, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña, que até entón soamente eran campus ou colexios universitarios.
A partir da separación da USC comezouse a ordeación dos campus que formarían as tres universidades; á Universidade de Vigo adscribíronse os campus de Ourense (antes Colexio Universitario de Ourense) e Pontevedra, e á Universidade da Coruña adscribiuse o campus de Ferrol. O campus de Lugo ficou adscrito á USC.
Titulacións
[editar | editar a fonte]O SUG é o organismo encargado de decidir as titulacións que se imparten nas universidades galegas, así coma os criterios de implantación destas. Na actualidade existen tres tipos de titulacións, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior: ensinanzas de grao, máster (posgraduado de segundo ciclo) e doutoramento (posgraduado de terceiro ciclo).[1]
Titulacións de grao
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
| Titulación | USC | UdC | UVi |
|---|---|---|---|
| Administración e Dirección de Empresas | |||
| Arquitectura | |||
| Arquitectura naval | |||
| Belas artes | |||
| Bioloxía | |||
| Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos | |||
| Matemáticas | |||
| Ciencia Política e da Administración | |||
| Ciencias ambientais | |||
| Ciencias da Actividade Física e do Deporte | |||
| Ciencias da Cultura e Difusión Cultural | |||
| Ciencias do Mar | |||
| Ciencias empresariais | |||
| Comercialización e Loxística* | |||
| Comercio | |||
| Comunicación audiovisual | |||
| Consultoría e Xestión da Información | |||
| Dereito | |||
| Dirección e Xestión Pública | |||
| Economía | |||
| Educación Infantil | |||
| Educación Primaria | |||
| Educación Social | |||
| Enfermaría | |||
| Enxeñaría agraria | |||
| Enxeñaría Agrícola e de Medio Rural | |||
| Enxeñaría Civil** | |||
| Enxeñaría de Edificación | |||
| Enxeñaría de Enerxía | |||
| Enxeñaría de Industrias Agroalimentarias | |||
| Enxeñaría de Obras Públicas | |||
| Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación | |||
| Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos | |||
| Enxeñaría das Tecnoloxías Industriais | |||
| Enxeñaría Eléctrica | |||
| Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática | |||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SUG (ed.). "Guía do Sistema Universitario de Galicia" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia. Diario Oficial de Galicia.
- Comisión Interuniversitaria de Galicia.
- Guía do Sistema Universitario de Galicia.
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |